Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente sancionador P-4/94.

Intentada a notificación directa á titular do establecemento Bar Juventud, sito en Vaquería (Castiñeiras), concello do Porriño (Pontevedra), María del Pilar Gil Iglesias, da proposta de resolución formulada polo instructor no expediente de referencia, e ó non poder practicar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte proposta de resolución:

Que se lle impoña á titular do establecemento denominado Bar Juventud, María del Pilar Gil Iglesias, unha multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i) da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por non te-la máquina en explotación o correspondente boletín de instalación, nin sequera solicitude del.

Comunícaselle á interesada que dispón dun prazo de oito días hábiles desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para formula-las alegacións que coide oportunas na defensa dos seus dereitos, segundo o disposto no artigo 7.2º d) da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de envite, sorte e azar.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior