Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995 pola que se anuncia concurso público para adquisición de equipos e programas para a rede de datos do Centro Superior de Documentación e Investigación Cultural de Galicia.

A Consellería de Cultura convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: adquisición de equipos e programas para rede de datos do Centro Superior de Documentación Investigación Cultura de Galicia.

Orzamento: 70.000.000 de ptas.

Prazo de execución: un (1) mes.

Fianza provisional: 1.400.000 ptas.

Clasificación dos contratistas: non se esixe.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas particulares poderanse examinar na secretaría xeral, Servicio de Obras e Contratación -da Consellería de Cultura (edificios San Caetano) ou en calquera das súas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura (edificios San Caetano), en sobre pechado, e por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, ata as 14 horas do día 27 de xuño de 1995. As proposicións axustaranse ó modelo establecido, que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares, como anexo.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 48 02 ou telegrama no mesmo día.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Apertura de proposicións: serán abertas pola Mesa de Contratación ás 11 horas do día 4 de xullo de 1995 na sede do órgano contratante.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores poderanse presentar a un número calquera dos lotes anunciados. No caso de se presentar a máis de un, a documentación de carácter xeral poderase presentar no sobre dun deles indicándoo nos sobres «A» e «B» das demais obras.

O presente anuncio enviouse á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas, para a súa publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas o 23 de maio de 1995.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

Rubén V. Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS