Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 12 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se anuncia a iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte Outeiro de Moreiras, a favor dos veciños da parroquia de Santiago de Folgoso, concello de Allariz (Ourense).

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 30 de novembro de 1994, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Outeiro de Moreiras, dunha superficie aproximada de 3 ha 80 a, pertencente ós veciños da parroquia de Santiago de Folgoso (Allariz-Ourense), nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e José Manuel Baltar Blanco, o cal se publica de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro (DOG nº 186, do 23-9), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 12 de abril de 1995.

José Manuel Baltar Blanco

Instructor