Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (26/1994-01).

María Fe Meitín Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguidos ante este xulgado co número 26/1994, promovidos polo Banco Gallego, representado pola procuradora Esperanza Álvarez, contra Arturo López Carbia e María del Pilar Pereira Álvarez, e dado que os executados se atopan en paradoiro ignorado, por medio do presente edicto, cítanse os ditos demandados co fin de que no termo improrrogable de nove días comparezan en legal forma en autos, mediante letrado e procurador, e se opoñan á execución se lles conviñer, facéndolles constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoos de que de non compareceren serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen os volver citar nin lles facer outras notificacións cás que determine a lei.

Faise constar que sen previo requirimento de pagamento se procedeu ó embargo dos seguintes bens:

-Piso, sito na planta terceira, dereita, da casa número 92 da rúa Barrié de la Maza, da poboación

de Sada. Inscrita no tomo 1235, libro 151 de Sada, folio 124, predio 13694.

-A parte proporcional do soldo que percibe como profesor en mestría industrial do Concello de Ames.

E para que conste e sirva de citación en legal forma ós demandados en paradoiro ignorado, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA