Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.414

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (85/1995).

María Fe Meitín Femández, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial, polo presente edicto fai saber para os fins do artigo 4 da Lei do 26 de xullo de 1922, que por providencia desta data dictada nos autos número 85/1995 deste xulgado se tivo por solicitada a declaración de suspensión de pagamentos da entidade mercantil Azulejos y Pavimentos Montouto, S.L., con domicilio social no concello de Teo, parroquia de Cacheiras, lugar de Montouto, que ten como obxecto social o comercio por xunto e polo miúdo de materiais de construcción, decoración; importación e exportación de materiais de construcción; a participación en subministracións do Estado, comunidades autónomas, deputacións e concellos e, en xeral, calquera outra actividade directa ou indirectamente relacionadas coas anteriores. Nomeados interventores á entidade Alaplana, S.A., con domicilio na rúa de la Piedad, 155 e 212 de Villarreal, Castellón,

na persoa que designen, como representante dos acredores, e ós titulares mercantís Enrique Feáns García e Tomás Ucieda Somoza.

Dado en Santiago de Compostela o tres de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A xuíza

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado