Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.413

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (46/1992).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo número 46/1992, cun encabezamento e parte dispositiva, que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezasete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

María Fe Meitín Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos perante este xulgado co número 46/1992, promovidos pola Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio na Coruña, Rúa Nova, número 30 y 32, representada polo procurador Caamaño Queijo e dirixido polo letrado Pardo Pedernera, contra José Fernández Alén e a súa esposa, María Dolores Oliveira Diéguez, veciños de Ribeira; José Fernández Diéguez e a súa esposa María de las Mercedes Alén Pombo, con domicilio en Bandeira, Silleda-Pontevedra, declarados en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Fernández Alén, María Dolores Oliveira Diéguez, José Fernández Diéguez e María Mercedes Alén Pombo, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 6.893.317 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e perante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días, a contar desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión os autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserta previamente foi publicada no mesmo día da súa data pola maxistrada-xuíza que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, José Fernández Alén e María Dolores Oliveira Diéguez, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o vinteún de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado