Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.414

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1995, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levanlamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública, a relación de propietarios afectados polas obras do novo trazado do corredor central Monforte de Lemos-Lalín, tramo Escairón-Monforte de Lemos, fase II (Bacelares-Escairón leste), clave N-LU-85.2.1.3, concello de Pantón (Lugo).

O director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data 3 de marzo de 1995, aprobou o proxecto das obras de novo trazado do corredor central Monforte de Lemos-Lalín, tramo Escairón-Monforte de Lemos, fase II (Bacelares-Escairón leste), clave N-LU-85.2.1.3.

Polo Decreto 88/1995, do 10 de marzo, da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 61, do 28 de marzo) declárase urxente, para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócase os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Pantón e na Delegación Provincial de Lugo, para que, comparezan no lugar, día e hora que se detalla

a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerasen necesario.

Lugar: Concello de Pantón. O levantamento de actas será no salón da Casa do Concello de Pantón.

Día: 26 de xuño de 1995 de 10.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas desde o apelido Álvarez ata López.

Día: 27 de xuño de 1995 de 11.30 a 13.30 horas e de 16 a 19 horas desde o apelido Losada ata Vázquez.

Ó devandito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, e poderán ir acompañados pola súa conta, se o considerasen oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 131, 27001-Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 26 de maio de 1995.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas