Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo nº 03/0007728/1995, interposto por Joel Fernández Soto, Edmundo Varela Lema, Jorge Rivera Gómez, Francisco García Fernández e Ángel Monteoliva Ramos.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número R.N. 03/0007728/1995, interposto por Joel Fernández Soto, Edmundo Varela Lema, Jorge Rive

ra Gómez, Francisco García Fernández e Ángel Monteoliva Ramos contra a Orde do 18 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o modelo de certificado, para os efectos de posta en marcha, dos aparellos elevadores a que fai referencia a instrucción técnica MIE AEM 1 do Regulamento de aparellos de elevación e a súa manutención (DOG nº 28, do 9 de febreiro), e en virtude do disposto no artigo 64.1º da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu nesta data ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen dereitos da orde impugnada e das que tivesen interese directo no mantemento dela, que son emprazadas para que comparezan como parte legal en autos ante a referida sala no prazo de nove días seguintes ó da publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1995.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio