Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 117/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Pedrapinta, Carballa e Coto-Picoña, concello de Salceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin, obxección ningunha á citada solicitude.

0 delegado provincial, de conformidade cos decretos 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes resolveu,

Autorizar a Electra Alto Miño, S.A. a instalación de unha R.B.T. en Pedrapinta, Carballa e Coto-Picoña, concello de Salceda de Caselas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 5 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra