Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1991, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de unha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado San Rosendo de Ferrol (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Rosendo de Ferrol (A Coruña) no que se solicita a ampliación de unha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Coruña, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar na entrada en vixencia deste real decreto se entenden autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga os centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil.

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autorizarlle a ampliación de unha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta, en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no, Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Enderezo: Pintor Máximo Ramos, 11.

Denominación. San Rosendo.

Titular: colexio San Rosendo, Cooperativa de R. Ltda.

Nivel: educación infantil 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.