Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de unha unidade de educación especial ó centro privado San Jorge, de Santiago de Compostela.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Jorge, de Santiago de Compostela, no que se solicita a ampliación de unha unidade de educación especialno dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Resultando que a unidade de educación especial que se solicita ten como finalidade preparar, mediante o tratamento educativo necesario, ós deficientes inadaptados para a súa plena incorporación á vida escolar e social e que pola pouca profundidade das súas anomalías e deficiencias non se fai necesaria a súa asistencia a centros específicos pero si a unidade de educación especial en centros docentes de réxime ordinario.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do l6), a orde ministerial do 3 de xaneiro de 1986 (BOE do 4 de febreiro), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o denvandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación especial.

Considerando que o centro reúne os requisitos necesarios de acordo coas disposicións vixentes na materia,

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autorizarlle a ampliación de unha unidade de educación especial ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1995.

Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

PROVINCIA DA CORUÑA

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: Avenida de Coímbra, 7.

Denominación: San Jorge

Titular: María Elvira Abalo Méndez.

Nivel: educación especial.

Unidades de que constaba: 1 de psíquicos.

Unidades novas autorizadas: 1 de psíquicos.

Total de unidades autorizadas: 2 de psíquicos.