Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor e a modalidade extraordinaria para o transporte internacional de viaxeiros e mercadorías, convocadas por Resolución do 18 de xaneiro de 1995 da Dirección Xeral de Transportes (DOG do 26), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais e se ordena a publicación das mesmas nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

Este tribunal resolveu:

Primeiro-Publica-las listas definitivas de aproba dos das actividades da modalidade extraordinaria de transporte internacional de viaxeiros e mercadorías, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios provinciais de Transportes.

Segundo- Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo de un mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do Tribunal