Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 13 de xuño de 1995 Páx. 4.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de maio de 1995 pola que se convocan prazas de educadores bolseiros para o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo da Coruña dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, así como dúas bolsas de investigación no eido das persoas con minusvalidez.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 27.23º atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva, en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, recolle a posibilidade de outorgar axudas individualizadas, logo da correspondente convocatoria pública e con suxeición a criterios obxectivos.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia, de conformidade co Decreto 287/1993, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, así como co Decreto 291/1993, do 11 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, ten ó seu cargo competencias en

materia de servicios sociais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados pola Constitución española.

Na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, así como na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de orzarnentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, establécense os requisitos xerais para as subvencións e axudas que conceda a Administración autonómica, ás que se adaptará a presente orde, que atende en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Coa presente convocatoria preténdese:

A) Dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial, o Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo, persoal que, como contrapartida, gozará de aloxamento e mantenza gratuíta nel durante o curso escolar 1995-1996, así como de axudas para sufraga-los gastos ocasionados polo pagamento de matrícula académica e material escolar.

B) A realización de traballos de investigación no eido das persoas con minusvalidez.

Entre outros fins, na Lei de orzamentos para 1995 citada, na aplicación económica 11.02.212D.480.00, existe crédito axeitado e suficiente para este gasto.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin que foron establecidos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Obxecto da convocatoria.

Convoca-la cobertura de 12 prazas de educadores-bolseiros para o curso escolar 1995-1996, no Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (modalidade A), así como de dúas bolsas de investigación no eido das persoas con minusvalidez (modalidade B).

Segundo.-Condicións dos solicitantes.

Son requisitos para participar na convocatoria:

Xerais:

a) Ser español/a.

b) Non ter perdido con anterioridade a condición de educador-bolseiro por causa imputable ó solicitante.

c) Non padecer defecto físico que impida o desenvolvemento normal da actividade.

Modalidade A. Educadores-bolseiros no centro Santiago Apóstolo:

a) Ter unha idade comprendida entre os dezaoito e os vintecinco anos, ámbolos dous incluídos, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar cursando estudios superiores nunha facultade ou nun colexio universitario e ter aprobados integramente dous cursos dos devanditos estudios ou ter rematado estes durante os cursos 1992-1993 ou 1993-1994.

Modalidade B. Bolsas de investigación:

Ter finalizado estudios nalgunha facultade ou colexio universitario nos cursos 1992-1993 ou 1993-1994. Terán preferencia os que remataron os estudios de psicoloxía, psicopedagoxía, socioloxía e traballo social. Valoraranse os coñecementos en materia de planificación económica.

Terceiro.-Solicitudes.

Os interesados deberán dirixi-la solicitude anexa, segundo o caso, á Dirección Xeral de Servicios Sociais, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, ou á Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, r/ Gregorio Hernández, 2-4, xunto coa soguinte documentación:

-Fotocopia do DNI.

-Certificación académica, con detalle das cualificacións obtidas, e, se é o caso, título académico que capacite para participar ou resgardo de que se solicitou a súa expedición.

-Currículum vitae do solicitante.

-Os solicitantes das bolsas de investigación (modalidade B) deberán presentar, ademais, dúas cartas de presentación de catedráticos ou profesores titulares de universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir da data en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Dereitos dos adxudicatarios:

Modalidade A. Educadores-bolseiros no centro Santiago Apóstolo:

a) A concesión da bolsa comporta aloxamento e mantenza gratuítos no centro desde o 1 de setembro de 1995 ata o 30 de xuño de 1996. O aloxamento será de tal xeito que lle permita ó bolseiro a normal realización dos seus estudios.

b) O pagamento por parte do centro de ata 24.426 ptas. para gastos de matrícula, logo da xustificación do correspondente gasto.

c) O pagamento por parte do centro de ata 12.214 ptas. para adquisición de libros relacionados cos estudios cursados polos bolseiros nas condicións fixadas no apartado b).

d) 0 pagamento por parte da Dirección Xeral, de Servicios Sociais da contía de 8.547 ptas. mensuais, unha vez certificado o servicio prestado pola dirección do centro.

e) Ó remata-la estadía nos centros, seralles entregado un diploma acreditativo pola devandita dirección xeral, logo do informe favorable do director do centro sobre as prácticas realizadas.

Modalidade B. Bolsas de investigación:

a) O importe da bolsa será de un millón de pesetas, distribuido nas correspondentes mensualidades, das que se descontarán as retencións fiscais procedentes, logo de certificación do servicio prestado pola dirección do centro.

b) Ó remata-la bolsa seralle entregado un diploma acreditativo, pola Dirección Xeral de Servicios Sociais, logo do informe favorable do xefe do Servicio de Atención a Persoas con Minusvalidez.

Quinto.-Duración da bolsa.

A duración da bolsa será do 1 de setembro de 1995 ó 30 de xuño de 1996, na modalidade A, e do 11 de setembro de 1995 ó 12 de xullo de 1996, na modalidade B.

Sexto.-Financiamento.

O gasto financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.212D.480.00.

Sétima.-Obrigas dos bolseiros.

Modalidade A:

A condición de educador-bolseiro obriga a este a reliza-las tarefas que a dirección do centro lle encomende en relación coa atención dos acollidos nel, en horas de actividade extraescolar. Estas deberanse realizar de tal xeito que resulten compatibles co aproveitamento, académico do propio bolseiro.

Modalidade B:

1. Os bolseiros quedan obrigados á realización dos seguintes traballos de investigación no eido das persoas con minusvalidez e outras problemáticas sociais:

-O estudio da repercusión en materia de integración sociolaboral dos proxectos presentados na Comunidade Autónoma galega por entidades de iniciativa social no ámbito da minusvalidez, e outras, problemáticas sociais, á iniciativa Emprego e Desenvolvemento de Recursos Humanos. Capítulo Horizon, na convocatoria de 1995 do Fondo Social Europeo.

-O estudio das necesidades existentes relativas ós equipamentos e infraestructuras na área das persoas con minusvalidez e outras problemáticas sociais, e proposta dun plan de actuación.

2. Os bolseiros están obrigados a acudir á Dirección Xeral de Servicios Sociais, en horario de 9 a 4 da mañá, a segui-las indicacións que lle dicte a Dirección Xeral de Servicios Sociais e a presentarlle os informes que resulten pertinentes á vista do programa de traballo que se aprobe no seu momento.

3. Os bolseiros deberán entregar tres exemplares do traballo realizado, cada un deles acompañado dun resumo con extensión comprendida entre cinco e dez páxinas (formato A4), a dobre espacio, no que, de forma sucinta, se recolla o contido e principais ideas do traballo realizado. Así mesmo, os traballos deberanse presentar en soporte informático baixo contorno Word Perfect.

Oitava.-Procedemento de selección.

Para a adxudicación de prazas procederase da seguinte maneira:

Modalidade A. Educadores-bolseiros no centro Santiago Apóstolo:

Unha comisión, presidida polo delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña ou persoa en quen delegue, da que serán vocais o xefe da Área de Servicios Sociais da Coruña, un representante da Dirección Xeral de Servicios Sociais, un funcionario designado polo delegado provincial e o director do centro, examinará as solicitudes, valorando no seu conxunto os seguintes datos, por orde de preferencia:

-Expediente académico.

-Animación sociocultural e coñecementos específicos en actividades deportivas.

-Motivo da solicitude.

-Situación económica.

-Ter sido educador-bolseiro dalgún centro dependente desta consellería.

Terán prioridade os solicitantes con estudios en facultades de Psicoloxía, Pedagoxía e escolas universitarias de EXB, ademais de Enfermería.

Confeccionarase unha listadas solicitudes recibidas, elevaráselle a correspondente proposta ó delegado provincial, antes de que pasen vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo para presenta-las instancias.

A resolución correspóndelle ó delegado provincial competente logo de fiscalización da Intervención, e comunicaráselles tanto ó centro como a tódolos solicitantes. O prazo máximo para resolver será de tres meses, contados a partir do día seguinte á data de peche da respectiva convocatoria. Se no dito prazo non se dictase resolución expresa, entenderase que quedan desestimadas as solicitudes presentadas.

Os seleccionados terán de prazo ata o 1 de novembro para presentaren a documentación requirida para o efecto pola Delegación Provincial da Coruña. De non cumprirse tal esixencia non se procederá a ningún pagamento.

Modalidade B. Bolsas de investigación:

Para a valoración dos méritos crearase un tribunal, presidido polo director xeral de Servicios Sociais ou persoa en que delegue, e do que formarán parte como vocais a subdirectora de Administración e Xestión Orzamentaria, o xefe do Servicio de Atención a Persoas con Minusvalidez, un técnico do mesmo servicio, o xefe do Servicio de Planificación e Control, e como secretario, un funcionario designado polo director xeral.

O tribunal non valorará aqueles méritos alegados polos solicitantes nas súas instancias que non estean acreditados documentalmente, ben presentando os

orixinais ou ben as correspondentes fotocopias debidamente cotexadas.

O tribunal deberá valorar no seu conxunto os seguintes datos por orde de preferencia:

-Expediente académico.

-Currículum vitae.

-Motivo da solicitude.

-Situación económica.

O tribunal, á vista dos proxectos e do currículum dos solicitantes, decidirá a adxudicación da bolsa ó candidato que considere por orde de méritos e capacidade.

O tribunal poderá declarar desertas as bolsas convocadas.

No caso de que a persoa proposta renunciase á bolsa, a adxudicación recaería automaticamente na que a siga en puntuación, e así sucesivamente.

Oitava.-Natureza da relación bolseiros-Administración.

Os seleccionados adquirirán exclusivamente a condición de bolseiros, sen ningunha outra relación laboral ou administrativa.

Novena.-Dereitos de autor e publicación dos traballos.

A aceptación das bolsas de investigación implica a cesión dos dereitos de autor a favor da Dirección Xeral de Servicios Sociais, que reserva para si o dereito de publica-lo traballo.

Décima.-Revogación ou interrupción no desfrute das bolsas.

O director xeral de Servicios Sociais resolverá a perda da condición de bolseiro polo incumprimento das súas obrigas, ausencias inxustificadas ou, de se-lo caso, por non cumpri-la disciplina do centro, unha vez emitidos os informes pertinentes.

O suposto de revogación obrigará o adxudicatario a reintegrarlle ó Tesouro Público as cantidades percibidas ata o momento de abordarse aquela. No caso de interrupción do aproveitamento da bolsa o director xeral, apreciando as circunstancias concorrentes, resolverá se procede esixi-la devolución total ou parcial das cantidades aboadas ou suspender ou anula-los pagamentos pendentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Servicios Sociais para dicta-las resolucións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 1995.

José Manuel Romay Becaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Modalidade A: educadores-bolseiros do centro

Santiago Apóstolo

1. Datos do/da solicitante:

1.1. Nome e apelidos:

1.2. Lugar e data de nacememento:

1.3. Enderezo actual:

1.4. Teléfono:

2. Datos académicos:

2.1. Títulos que posúe:

2.2. Estudios realizados durante o curso 1994-1995:

2.3. Cualificacións obtidas no curso 1993-1994:

2.4. Centro no que os realizou:

2.5.1. Ensino libre ou oficial:

2.5.2. Centro no que se efectuará a matrícula:

3. Outros coñecementos e títulos (culturais e deportivos):

4. Razóns pola que solicita a praza:

5. ¿Foi bolseiro/a no curso 1994-1995:

Xuro/prometo que son certos os datos consignados nesta solicitude e comprométome, se son seleccionado/a, a presenta-la documentación acreditativa que sobre eles se solicite.

(Sinatura)

.....................,.....de ..............................de 1995.

Sr. Delegado Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña

ANEXO II

Modalidade B: bolsas de investigación

1. Datos do/da solicitante:

1.1. Nome e apelidos:

1.2. Lugar e data de nacemento:

1.3. Enderezo actual:

1.4. Teléfono:

2. Datos académicos:

2.l. Títulos que posúe:

2.2. Estudios realizados durante o curso 1994-1995:

2.3. Cualificacións obtidas no curso 1993-1995:

2.4. Centro no que os realizou:

2.5.1. Ensino libre ou oficial:

2.5.2. Centro no que se efectuará a matrícula:

3. Outros coñecementos e títulos, (culturais e deportivos):

4. Razóns pola que solicita a praza:

5. ¿Foi bolseiro/a no curso 1994-1995?:

Xuro/prometo que son certos os datos consignados nesta solicitude e comprométome, se son seleccionado/a, a presenta-la documentación acreditativa que sobre eles se solicite.

(Sinatura)

, de de 1995.

Sr. Director Xeral de Servicios Sociais