Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras, para a adquisición de subministracións polo procedemento de contratación directa.

Obxecto: adquisición dun guindastre con destino ó porto pesqueiro de Esteiro-Muros.

Prazo de execución: dous meses.

Orzamento: nove millóns cincocentas quince mil pesetas (9.515.000 ptas.).

Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (rúa Sar nº 75, Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo día hábil seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: en acto público as 11 horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado no que se cumpran cinco días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.

Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Samuel Juárez Casado

Director xeral de Pesca e Industrais Pesqueiras

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA