Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á denominación de orixe Rías Baixas (94/V/1).

Pola presente resolución notifícaselles, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei-30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a proposta de resolución formulada polo instructor do procedemento sancionador número 94/V/1, por infracción á Lei 25/1970, do 2 de abril, do Estatuto da viña, viño e alcohois, e ó regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado poderá examina-lo expediente na secretaría do Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas, sito en Cabanas-Salcedo (Pontevedra), e formula-las alegacións e presenta-los documentos que coide pertinentes, perante o instructor do procedemento, nun prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1995.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Denunciado: Manuel Valdés Lema.

Último enderezo coñecido: Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, A Coruña.

Feito denunciado: introducir irregularmente nunha adega da denominación de orixe Rías Baixas o día 21-9-1994, 5,685 kg de uva treixadura e o día 27-9-1994, 7.809 kg de uva albariño.

Precepto infrinxido: artigo 19 do regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Precepto sancionador: artigo 50 do regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Sanción que pode corresponderlle: multa de 2.500.000 ptas. e baixa temporal nos rexistros da denominación de orixe por período de dous anos.