Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, do expediente de servicios técnicos denominado colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Montecubeiro (Castroverde-Lugo) LU/PR-506 e cinco máis).

A delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, decidiu licitar, polo sistema de concurso público, os seguintes servicios técnicos:

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Montecubeiro (Castroverde-Lugo), LU/PR-506.

Orzamento de licitación: 8.289.974 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Caraño (Pol-Lugo), LU/PR-508.

Orzamento de licitación: 6.039.601 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Arbol (Vilalba-Lugo), LU/PR-509.

Orzamento de licitación: 13.899.358 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: categoría A, grupo II o B, subgrupo I.

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria, na zona de Castelo (Taboada-Lugo), LU/PR-531.

Orzamento de licitación: 4.451.103 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria na zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo), LU/PR-532.

Orzamento de licitación: 5.642.478 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

-Denominación do servicio técnico: colaboración de servicios técnicos para a realización dos estudios sobre preparación do proxecto de concentración parcelaria zona de Torneiros (Pol-Lugo), LU/PR-533.

Orzamento de licitación: 3.590.667 ptas.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: non se esixe.

Exposición dos proxectos e pregos: os proxectos así como os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sita en Ronda da Muralla nº 197, en Lugo.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Modelo de proposicións: a proposición económica formularase estrictamente, conforme ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, ou por calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do día 14 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar ás 12 horas do día 26 de xuño de 1995 e levarase a cabo na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, sita en Ronda da Muralla nº 197, en Lugo.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 9 de maio de 1995.

Decreto 87/1990

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo