Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia acordo da Comisión Provincial de Vivenda do 17 de abril de 1995 polo que se adxudican vivendas de protección oficial de promoción pública.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles ás persoas que se citan a continuación que, por reuni-los requisitos establecidos no artigo 49 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro e no Decreto 98/1992 sobre adxudicación de vivendas, a Comisión Provincial de Vivenda por acordo do 17 de abril de 1995, procedeu a adxudicarlles, en réxime de propiedade, as vivendas, con rochos e garaxes vinculados, promovidas na localidade do Porriño (Pontevedra) ó abeiro do expediente PO-91/504, cos prezos que a seguir se indican:

-Adxudicatario: Francisco Javier García Suárez.

Enderezo: A Carrola, 3, O Porriño (Pontevedra).

Viv. adxudicada: Ptal. 5, predio 11, piso baixo-D.

Prezo total da Viv. con rocho e garaxe: 4.601.204 ptas.

Importe IVE: 184.048 ptas.

Provisión de fondos: 95.000 ptas.

-Adxudicatario: Juan Jesús de la Cruz Domínguez.

Enderezo: Domingo Bueno, 48-2º B, O Porriño (Pontevedra).

Viv. adxudicada: Ptal. 10, predio 12, piso 5º-1.

Prezo total da Viv. con rocho e garaxe: 4.629.582 ptas.

Importe IVE: 185.183 ptas.

Provisión de fondos: 95.000 ptas.

-Adxudicatario: Eladio López Blanco.

Enderezo: A Florida, 114-4º, Pereiras-Mos (Pontevedra).

Viv. adxudicada: Ptal. 13, predio 51, piso 4º-D.

Prezo total da Viv. con rocho e garaxe: 5.572.644 ptas.

Importe IVE: 222.906 ptas.

Provisión de fondos: 95.000 ptas.

No prazo máximo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, deberán facer efectivo na conta 311000004/6 axencia urbana 1 de Caixa Galicia en Pontevedra, o ingreso das cantidades antes sinaladas en concepto de IVE e provisión de fondos, ingreso que, unha vez efectuado, acreditarase perante a Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n de Pontevedra.

Así mesmo, indícaselles que o prezo da vivenda se apraza na súa totalidade e, para o aboamento das cotas mensuais de amortización e xuros, deberán abrir unha conta en Caixa Vigo. Nesta conta farase efectivo, no seu momento, o importe das subvencións que lles correspondan.

Igualmente, quedan apercibidos de que a falta de xustificación documental do ingreso das cantidades sinaladas, no prazo indicado, deixará sen efecto a adxudicación da vivenda.

Pontevedra, 19 de abril de 1995.

Justo José González Ballesta

Delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda

e Solo en Pontevedra