Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador I-177/1994.3 (incendios, Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

E para os efectos previstos no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8), o denunciado poderá presentar nun prazo de quince días, as alegacións que se consideren convenientes no Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo.

Pontevedra, 10 de marzo de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Instructor

ANEXO

Expediente: I-177/1994.3.

Denunciado: Marcos Veiga García.

Último enderezo coñecido: rúa López Mora, 42-1º, 36214 Vigo.

Feito denunciado: realizar acampada ilegal.

Precepto infriríxido: artigo 136 h) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 5.000 ptas.