Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-13/1995 (incendios, Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador I-13/1995, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José Luis Díez Yáñez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para que achegue por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de DCIF sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8).

Pontevedra, 8 de marzo de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-13/1995.

Denunciada: Mª Luz Veloso Estévez

Último enderezo coñecido: Avda. Fragoso, 61-4º A, 36210 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo marca Seat-600, matrícula H-20319.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 ptas.