Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación do acordo da zona de Lourenzá-Norte (Lourenzá-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lourenzá-Norte (Lourenzá-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Real decreto 2095/1978, do 23 de xuño, o seguinte:

Primeiro.-Con data 27 de febreiro de 1995, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Lourenzá-Norte (Lourenzá-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Lourenzá, na Cámara Agraria Local e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, podendo os recorrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 197-1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domiclio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria, só poderá ser impugnado en alzada se se infrixen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás

bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

Lugo, 20 de marzo de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo