Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, do contrato de subministración de terminais da rede Trunking.

Obxecto do contrato: adquisición de terminais da rede Trunking, por un orzamento de contrato, de 12.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Dispoñibilidade da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, económicas e técnicas, estará á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, rúa da Algalia de Arriba, 31, Santiago de Compostela.

Fianza provisional: o 2% do orzamento fixado, que se constituirá segundo o disposto no artigo 340 do Regularnento xeral de contratación do Estado.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, antes das catorce horas do día en que se cumpran 20 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste concurso no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirase un télex ou telegrama ó servicio indicado no parágrafo 2º, no que se comunique a presentación da oferta (artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, en acto público, que terá lugar nunha das salas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, ás 11 horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, transcorridos 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio

Ambiente