Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (433/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«En Santiago de Compostela o dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e un.

Vistos os presentes autos de xuízo verbal número 433/1990, seguidos ante este xulgado por instancia de José Manuel Pérez Laya, maior de idade, veciño desta cidade, rúa San Ignacio de Loyola, nº 12-2º representado pola procuradora Sánchez Silva e asistido do letrado Ferreiro Casal, contra Mª Eugenia Bastos Sánchez, con domicilio en Vigo, rúa Alcázar de Toledo, nº 44-2º esquerda, e contra a compañía de seguros Andalucía y Fénix Agrícola, con domicilio na Coruña, rúa Praza de Vigo, número 26; ambos en situación procesual de rebeldía. Sobre: reclamación de cantidade por danos en accidente de circulación.

Decido que estimando a demanda interposta na representación de José Manuel Pérez Laya, contra Mª Eugenia Bastos Vázquez e contra a aseguradora Andalucía y Fénix Agrícola, debo condenar e condeno os ditos demandados a pagaren solidariamente ó demandante a cantidade de oitenta e catro mil setecentas vintesete pesetas, máis dezaseis mil pesetas por paralización e depreciación, así como o 20% anual das ditas cantidades desde a data do sinistro, de acordo co disposto pola disposición adicional 3ª da Lei orgánica 3/1989, do 21 de xuño. Impóñense as custas ós demandados.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde de conformidade co establecido no artigo 769 da LAC.

Advírtaselle ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación por escrito ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía Mª Eugenia Bastos Vázquez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado