Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (197/1993).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 197/1993, promovidos por Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Antonio Gómez Barreiro, Rosario del Carmen Gey Lorenzo e Mercedes Lorenzo Franco, declarados en rebeldía os dous primeiros e encontrándose en ignorado paradoiro a última, en reclamación da cantidade de 1.191.869 ptas. como principal, e a de 650.000 ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia do 27-4-1995 acordouse notifica-la existencia do procedemento ó esposo da demandada Mercedes Lorenzo Franco (en paradoiro descoñecido), Jesús Gey Cespón para os efectos establecidos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

E para a súa publicidade e para que sirva de notificación a Jesús Gey Cespón, expido o presente edic

to en Padrón o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA