O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro) dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do Rexo no río Arnoia, sito no concello de Allariz (Ourense), e promovido polo Concello de Allariz.
Segundo.-Para os ditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
-Delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Ourense.
-Concello de Allariz.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
Cuarto.-Unha vez finalizado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 1995.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Comisión Galega do Medio
Ambiente