Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 9 de xuño de 1995, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal dos citados postos correspondentes ó persoal laboral das categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de marzo de 1995 (DOG nº 69, do 7 de abril de 1995), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas correspondentes relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e a resolución anteriormente citada, e á vista das instancias presentadas para as categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV, a comisión permanente de selección, de conformidade co disposto no artigo 12 do citado decreto,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes ás categorías 14 e 65 do grupo III e 5 do grupo IV, da forma que de seguido se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días para a reparación erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á correspondente comisión permanente de selección de persoal (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, e se é o caso, levaranse a efecto as modificacións procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1995

Juan José Álvarez Pérez

Presidente da Comisión Permanente de Selección

de Persoal