Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.348

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 22 de maio de 1995 pola que se nomean vocais da Mesa Provincial de Pontevedra de control e seguimento da renda de integración social de Galicia.

Os artigos 36 e 37 da Lei 9/1991, do 2 de outubro, de medidas básicas para a inserción social, en concordancia co artigo 80 do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 9/1991, do 2 de outubro, dispoñen a constitución dunha mesa a nivel provincial en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma, que actuará como órgano superior de control e seguimento da aplicación da renda de integración social de Galicia e que estará integrada, entre outros membros, por sete representantes das organizacións empresariais máis representativas a nivel autonómico.

As normas de organización e funcionamento interno da Mesa Autonómica da renda de integración social publicadas no Diario Oficial de Galicia de data 23 de outubro de 1992, que rexerán tamén para as mesas provinciais, a teor do disposto no artigo 81.3º do Decreto 374/1991, do 24 de outubro, establecen no seu artigo 7.2º que os nomeamentos e substitucións de tódolos membros da mesa se publicarán no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, foille comunicada a esta consellería a proposta da Confederación de Empresarios de Pontevedra pola que acorda substituí-los seus actuais vocais titulares.

En consecuencia, no uso da facultade que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear, en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra e en substitución dos actuais, os vocais titulares da Mesa Provincial de Pontevedra de control e seguimento da renda de integración social de Galicia que a continuación se relacionan:

José M. Caride Echegaray.

Lorenzo Martínez Álvarez.

Juan Crespo Blanco.

Santiago Montenegro Campos.

José Luis Albo Quiroga.

Vicente Viso Andrade.

Serafín Seijo Alonso.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais