Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 12 de xuño de 1995 Páx. 4.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1995 pola que se convoca un curso de especialización en educación física para mestres en servicio activo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As novas esixencias de especialistas derivadas da implantación da etapa de educación primaria, unido ó descenso das necesidades en áreas ata o de agora presentes na educación xeral básica, fan necesaria a organización de cursos de especialización en áreas contempladas na educación primaria e, neste momento, deficitarias en número de profesorado especialista, facendo posible que, de xeito gradual, mestres ós que se lles suprimiu o seu posto de traballo ou que, debido á especialidade que posúen, ven alongado substancialmente o seu período de provisionalidade, poidan obter unha das especialidades que o sistema educativo galego require na actualidade, así como a adecuación dalgúns profesores e profesoras ó posto de traballo ó que están adscritos.

En consecuencia co anterior e en desenvolvemento do convenio subscrito coa Universidade da Coruña, organízase un curso de especialización en educación física na Coruña, correspondendo a súa organización, dirección e desenvolvemento á devandita universidade.

Faise preciso; polo tanto, artella-la oportuna convocatoria que permita selecciona-los mestres interesados en participar nel. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar, en colaboración coa Universidade da Coruña, un curso de especialización en educación física, que se celebrará en Bastiagueiro-Oleiros, cun total de 40 prazas.

Segundo.-Poderán solicita-la realización do devandito curso os funcionarios pertencentes ó corpo de mestres que estean en servicio activo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-O curso desenvolverase de acordo coa estructura e características que se establecen no anexo I da presente orde.

Cuarto.-A matrícula será gratuíta para os funcionarios do corpo de mestres seleccionados ó abeiro desta orde ós que, ademais, se lles concederá automaticamente unha licencia por estudios, dentro da modalidade C3, polo período de duración da fase presencial teórico-práctica, tal como establece a Orde do 14 de marzo de 1995 (DOG do 17 de abril), sen que o desfrute da devandita licencia lles impida poder optar a novas licencias por estudios.

Quinto.-A solicitude para tomar parte no curso dirixirase ó delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, segundo o modelo do anexo III, e presentarase persoalmente ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Xuntaráselle á solicitude:

-Documentos acreditativos, orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, dos méritos alegados dos recollidos no baremo que figura no anexo II.

-Folla de servicios pechada na data de publicación desta convocatoria.

Sexto-A selección dos solicitantes será realizada por unha comisión que presidirá o delegado provincial da Coruña ou persoa en quen delegue e da que formarán parte:

-Un inspector.

-O director do curso ou persoa en quen delegue.

-O director do Centro de Formación Continuada do Profesorado da Coruña.

-O asesor técnico-pedagóxico de educación física do devandito Centro de Formación Continuada.

-Actuará como secretario un funcionario da delegación, con voz e sen voto.

Poderán asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto, un representante de cada unha das centrais sindicais con representación na Mesa Sectorial de Persoal Docente.

Sétimo.-A selección dos aspirantes farase de acordo cos seguintes criterios prioritarios e excluíntes:

1. En primeiro lugar, as profesoras e profesores que, de acordo coa adscrición funcional realizada no centro, veñen impartindo educación física a un mínimo de 3 grupos de alumnos de educación primaria ou EXB, polo menos en dous cursos escolares a partir do curso 1990-91 e séguena a impartir no presente curso, sen contar coa oportuna habilitación, sempre que, no devandito centro, non exista profesorado especialista adscrito a educación física.

2. En segundo lugar o profesorado ó que se lle suprimiu o seu posto de traballo, non conte con novo destino definitivo e estea habilitado soamente para impartir ciclo inicial e medio ou ciclo inicial e medio e, como máximo, dúas das seguintes especialidades:

matemáticas e ciencias da natureza, lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais.

3. En terceiro lugar o profesorado con destino provisional que estea habilitado soamente para impartir ciclo inicial e medio e, como máximo, dúas das seguintes especialidades: matemáticas e ciencias da natureza, lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais.

4. En cuarto lugar o profesorado non incluído en ningún dos supostos anteriores.

Oitavo.-A valoración dos méritos dos solicitantes seleccionados en aplicación dos criterios prioritarios e excluíntes sinalados no apartado anterior, realizarase de acordo co baremo que figura no anexo II. Non se valorarán os méritos dos solicitantes incluídos nos supostos excluíntes anteriores, cando os do suposto anterior cubran a totalidade das prazas convocadas.

Noveno.-Finalizada a selección, a comisión elevaralla ó director xeral de Ordenación Educativa e Centros, para a súa resolución provisional, que se exporá nos taboleiros da consellería e das delegacións provinciais, con expresión da puntuación obtida polos solicitantes preseleccionados.

Para efectos de cubrir posibles baixas, incluirase como reserva un número máximo de 10.

Décimo.-Dentro dos dez días seguintes á exposición da resolución provisional da selección á que se refire o, punto anterior, os solicitantes que se consideren prexudicados poderán presentar diante da Delegación Provincial da Coruña as reclamacións oportunas.

No mesmo prazo sinalado, os solicitantes que resulten preseleccionados, así como os reservas, deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xuríico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a documentación seguinte:

-Certificación de habilitación actualizada expedida pola delegación provincial correspondente.

-Certificación da delegación provincial para acredita-la inclusión no primeiro, terceiro, ou cuarto dos supostos considerados como prioritarios e excluíntes para efectos de selección e recollidos no punto sétimo da presente orde.

-Para acredita-la inclusión no segundo suposto considerado prioritario e excluínte, certificación da acta da sesión do claustro na que conste a adscrición funcional, e certificación da dirección do centro, visada polo Servicio de Inspección, na que se faga consta-la inexistencia de profesorado especialista adscrito a educación física ou que aínda existindo profesor adscrito, non conta coa oportuna habilitación. Igualmente se certificará, de non figurar na acta do claustro citada, o número de grupos de alumnos ós que se lle impartiu educación fíica cada un dos cursos escolares sinalados no apartado sétimo.1.

Transcorrido o prazo de reclamacións, e dentro dos cinco días seguintes, a comisión resolverá as reclamacións, comprobará a documentación aportada polos solicitantes preseleccionados e os reservas e proporá ó director xeral de Ordenación Educativa e Centros a selección definitiva que será publicada no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das delegacións provinciais.

Décimo primeiro.-As baixas que por calquera causa se produzan entre os seleccionados antes de empeza-lo curso cubriranse cos aspirantes que figuran como reservas, por orde de puntuación.

Décimo segundo.-O profesorado participante no curso está obrigado a asistir e realizar tódalas actividades programadas do curso, e debe cubrir polo menos o 90% do tempo de duración de cada fase. O seu incumprimento poderá dar lugar á exclusión do curso, logo de informe do director deste, oído o interesado e de conformidade co director xeral de Ordenación Educativa e Centros.

Décimo terceiro.-A cualificación global será «apto» ou «non apto». Ós declarados «non aptos» faráselles sabe-la data e condicións para a realización dunha nova proba con carácter extraordinario.

Décimo cuarto.-Ó remate do curso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña emitirán un certificado conxunto á persoas que o superen.

Décimo quinto.-As persoas participantes no curso comprométense a impartir ensinanzas de educación física, ó longo dos 10 anos seguintes á obtención da especialidade, no seu propio centro, de estar adscritas ó posto de traballo de educación física, ou nouro centro no que puideran acada-lo devandito posto en concurso de traslados ou, de non darse ningún dos supostos anteriores, nos centros ós que a Administración educativa os destine en comisión de servicios dentro da zona do seu centro de destino.

Décimo sexto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros a dicta-las normas que estime oportunas para o desenvolvemento e interpretación da presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

I. Estructura do curso.

Ocurso terá dúas partes ou fases: teórico-práctica e práctica.

Fase teórico-práctica.

1. Bases biolóxicas e fisiolóxicas do movemento humano e primeiros auxilios na actividade de física (60 horas).

2. Bases teóricas da educación física (20 horas).

3. Desenvolvemento evolutivo e aprendizaxe motora (30 horas).

4. Educación física de base (60 horas).

5. Teoría e práctica de acondicionamento físico (60 horas).

6. Habilidades atléticas e ximnásticas básicas e a súa didáctica (60 horas).

7. Xogos motores (30 horas).

8. Expresión corporal e a súa didáctica (30 horas).

9. Didáctica da educación física (60 horas).

10. Actividade física adaptada (30 horas).

11. 0 deporte no ámbito escolar. Iniciación deportiva (60 horas)

En total, esta fase teórico-práctica terá unha duración de 500 horas.

II. Temporalización.

-A fase teórico-práctica desenvolverase intensivamente do mes de setembro ó mes de decembro de 1995 e, tal como se establece no punto cuarto da presente orde, ó longo do devandito período os seleccionados desfrutarán de licencia por estudios.

A fase práctica realizarase a partir de xaneiro de 1996 e estenderase, como máximo, ata xuño de 1996.

III. Lugar de celebración.

0 curso desenvolverase, na súa fase teórico-práctica, nos locais do INEF-Galicia (Bastiagueiro-Oleiros).

IV. Avaliación.

Cada un dos módulos que integran os contidos da fase teórico-práctica será avaliado independentemente. A superación desta fase implicará o ter aprobado as avaliacións correspondentes a cada un destes módulos.

A fase práctica superarase globamente. A avaliación farase tendo en conta o informe do titor e unha memoria final que terá que ser entregada por cada alumno e avaliada polos responsables do curso.

ANEXO II

BAREMO

a) Por cada ano de servicio ou fracción superior a 6 meses adscrito á área de educación física en educación primaria ou EXB, 1 punto, ata un máximo de 5 puntos.

b) Por cada ano de servicio como docente no nivel de educación primaria/EXB 0,25 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

(Non se valorarán os anos computados no apartado a).

c) Por realización de cursos de perfeccionamento de educación física homologados pola Administración educativa e por títulos de monitor deportivo, ata un máximo de 5 puntos:

-0,5 puntos por cada título de monitor deportivo.

-0,5 puntos por cada 50 horas de cursos de perfeccionamento de educación física.

d) Por realización de actividades relacionadas coa educación física (ata 1,5 puntos).

e) Por publicacións, experiencias e investigacións en relación coa educación física (ata 1,5 puntos).

Os posibles empates, unha vez aplicado o baremo, dirimiranse a favor dos que obtiveran maior puntuación no apartado a), b), e), d) ou e) respectivamente por esta orde.

De persisti-lo empate, desempatará o sorteo.

Xustificación dos méritos:

A xustificación dos méritos alegados realizarase cos documentos que se indican:

-Para o apartado a): certificación da acta da sesión do claustro na que conste a adscrición funcional.

-Para o apartado b): folla de servicios.

-Para o apartado c): títulos ou certificados dos cursos nos que conste o número de horas.

-Para o apartado d): xustificantes das actividades.

-Para o apartado e): exemplares con ISBN das publicacións e xustificantes das experiencias ou investigacións.

ANEXO III

MODELO DE INSTANCIA

O funcionario do corpo de mestres do que se especifican a continuación os datos:

-Datos persoais.

Apelidos

Nome

Enderezo particular , nº

Teléfono .......... Localidade .......... C.P.

Provincia

-Datos profesionais.

Número de rexistro persoal

Situación administrativa: propietario definitivo ou propietario provisional

Nome do centro no que exerce

Enderezo

Localidade .......... C.P .......... Provincia

Posto de traballo ó que está adscrito

Ciclo/s ou curso/s no/s que imparte docencia... Área/s que imparte

-Suposto recollido nos criterios prioritarios e excluíntes do apartado sétimo no que está incluído:

Solicita tomar parte no curso de especialización en educación física convocado por Orde do 20 de maio de 1995 e declara baixo a súa responsabilidade que son certos tódolos datos que se indican.

Data e sinatura,

Sr. Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A Coruña