Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo 1995, da Delegacion Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4275 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Damil, no concello de Begonte.

Finalidade: reelectrificación da parroquia de Damil-Begonte.

Características principais: liña de media tensión derivación ó C.T. de Romariz. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. de Altide e rematará no proxectado C.T. de Romariz, cunha lonxitude de 85 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Feás. A liña entroncará na L.M.T. Vilalba-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Feás, cunha lonxitude de 186 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Donsión. A liña entroncará na L.M.T. Vilalba-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Donsión, dunha lonxitude de 46 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Vilar. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. da Revolta e rematará no proxectado C.T. en Vilar, cunha lonxitude de 656 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. da Revolta. A liña entroncará na L.M.T. derivación ó C.T. de Cima de Vila e rematará no proxectado C.T. na Revolta, cunha lonxitude de 880 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. da Cegoñeira. A liña entroncará na L.M.T. Cospeito-Rábade e rematará no proxectado C.T. da Cegoñeira, cunha lonxitude de 80 metros.

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Purrás. A liña entroncará na L.M.T. Cospeito-Rábade e rematará no proxectado C.T. de Purrás, cunha lonxitude de 10 metros.

As liñas estarán executadas en conductor de denominación LA-56, en apoios de formigón a unha tensión de 20 kV.

Instalaranse sete centros de transformación tipo intemperie, de 50 kVA, en apoios metálicos I-1 C 3.000/12 e con dispositivo antiescalada, a relación de transformación será de 20.000/380-220 V.

Rede de baixa tensión do C.T. de Ramariz; rede de baixa tensión do C.T. de Feás; rede de baixa tensión do C.T. de Donsión; rede de baixa tensión do C.T. de Cima de Vila; rede de baixa tensión do C.T. de Vilar; rede de baixa tensión do C.T. da Revolta; rede de baixa tensión do C.T. da Cegoñeira; rede de baixa tensión do C.T. de Purrás.

As liñas serán executadas en conductores de denominación R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados en apoios de formigón ou grapados en fachadas.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 60.764.322 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación deste resolución.

Lugo, 15 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo