Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO.

A Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar polo sistema de contratación directa, as obras que se citan:

Substitución de cuberta e reparación xeral no colexio público de EXB de Allariz.

Orzamento de contrata. 12.626.718 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: exenta.

Cubrición de pista polideportiva no C.P. de EXB de Casardomato. Ourense.

Orzamento de contrata: 15.677.446 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: exenta.

Adaptación dun local para dúas aulas e construcción dun salón de usos múltiples no C.P. de EXB e preescolar Amaro Refojo de Verín.

Orzamento de contrata: 14.433.191 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación requirida: exenta.

O proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación -Servicio de Contratación- r/ Concello, 13-4º andar.

O prazo de presentación das proposicións será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte a publicación do presente anuncio no DOG.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral da delegación provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

A apertura das proposicións realizáraa a Mesa de Contratación ás 13 horas do día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da delegación provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

Tódolos gastos que orixine a publicación do presente anuncio correrán a cargo das empresas adxudicatarias.

Ourense, 24 de maio de 1995.

José Luis Muñoz Lechón

Delegado provincial de Ourense