Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 27 de marzo de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (número OR-01580-O-94 e dezasete máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as notificacións sancionadoras dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso perante o conselleiro de Política, Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de

un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 10/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Ourense o 27 de marzo de 1995.

José Ignacio Domínguez Pedrosa

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense