Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.; IN407A 95/29-2; libro rexistro, 4285 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Paradela II.

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: liña media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 e apoios de formigón, cunha lonxitude de 1.355 metros, terá orixe no apoio número 4 L.M.T. a C.T. Guimarás e final no C.T. proxectado de Paradela II. Centro de transformación cunha potencia de 100 kVA 20.000/400-231±2,50%±5% V. Rede de baixa tensión de 665 metros de lonxitude con conductor R.Z.-0.6/1 kV 150-95-50.

Orzamento: 7.047.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo