Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (162/1994).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que nos autos de cognición seguidos neste xulgado co número 162/1994 se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo de cognición número 162/1994, sobre reclamación de cantidade seguidos perante este xulgado, en virtude de demanda formulada polo procurador Narciso Caamaño Queijo en nome e representación de Rahid, S.A., asistido pola letrada María J. Pardal Sánchez, contra Viajes Costa Gallega, S.A., declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que estimando a demanda promovida polo procurador Narciso Caamaño Queijo en nome e representación de Rahid, S.A., contra Viajes Costa Gallega, S.A., declarada en rebeldía, debo condenar e condeno a esta a que aboe a cantidade de duascentas sesenta e seis mil seiscentas oitenta pesetas (266.680) á parte demandante, cos xuros legais

correspondentes desde a data da presentación da demanda, con aplicación do artigo 921 da Lei de axuizamento civil, e con expresa imposición das custas causadas no procedemento á referida demandada. Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña. Que dada a rebeldía da demandada, a notificación realizarase na forma establecida nos artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, se non se solicitase a notificación persoal. Así, por esta miña sentencia da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia co encabezamento e decisión que quedan inseridos foi lida e publicada no mesmo día da súa data.

E para que conste e sirva de notificación á demandada rebelde expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catro de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado