Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (19/1995).

Lorenzo Villapando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fará mérito dictouse a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, oito de marzo de mil novecentos noventa e cinco. Vistos

por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 19/1995, seguidos por vexación inxusta; sendo denunciante María del Pilar López Carro, maior de idade; e aparecendo como parte denunciada Isabel Miranda Martínez, maior de idade, e a entidade Galimerca, S.A. sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Isabel Miranda Martínez e á entidade Galimerca, S.A. da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma a Isabel Miranda Martínez, quen se atopa en paradoiro ignorado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA