Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (565/1992).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís constas a recaída nos autos de xuízo, verbal civil nº 565/1992, que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: na cidade de Santiago de Compostela, o un de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Salvador Pedro Sanz Crego, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo-verbal seguidos neste xulgado baixo o nº 565/1992, por instancia de Jesusa Otero Ferro, maior de idade, veciña de Trazo (A Coruña), con domicilio en Cerdeiras-Catedo, e a entidade aseguradora Unión Iberoamericana Compañía Anónima de Seguros e Reaseguros, con domicilio social en Madrid, rúa Francisco Gervás nº 10, representados pola procuradora Sánchez Silva e coa asistencia técnica do letrado Andrés Magallanes, contra Doroteo Cuesta López, maior de idade, veciño de Onzonilla (León), en situación procesual de rebeldía, José Antonio Carballo Masid, maior de idade e mesmo domicilio que o anterior, representado polo procurador Cuns Núñez, e contra a compañía de seguros Adea Compañía General de Seguros, S.A., con domicilio social en Madrid, rúa Ramírez de Arellano, s/n, representado polo procurador Julio Barreiro e coa

asistencia técnica da letrada Pardal Sánchez. Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola representación de Jesusa Otero Ferro e a entidade Unión Iberoamericana Compañía Anónima de Seguros e Reaseguros contra Doroteo Cuesta López, José Antonio Carballo Masid e Adea Compañía General de Seguros, S.A., con imposición ós demandantes das custas causadas. Notifíqueselle esta resolución ó demandado rebelde na forma prevista nos artigos 769 en relación co 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non poderse levar a cabo notificación persoal. Contra esta resolución poderase interpor neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA