Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 09 de xuño de 1995 Páx. 4.328

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (358/1994).

Que en virtude do acordado en providencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela con esta data, no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguido co número 358/1994, por instancia do Banco Español de Crédito, representado pola procuradora Goimil Martínez, contra José Manuel Aguilar Vilasuso e Consuelo Freire Franco, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por terceira vez, o seguinte predio:

Parcela 238 do plano xeral de concentración, destinada a labradío, nas Louzas, sita na parroquia de San Miguel dos Agros, concello de Santiago de Compostela, de 50 áreas 67 centiáreas. Limita: norte e oeste, camiño de concentración parcelaria; sur, porción segregada deste predio; leste, Ricardo Rama (237) e Purificación Moure (239), e parte do oeste, a segregada. Libre de cargas e arrendatarios. Tomo 980, libro 11, folio 149, predio número 1.759.

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Basquiños, nº 2 de Santiago de Compostela, o vindeiro día 10 de xullo ás 10 horas, prevíndose os licitadores das seguintes condicións:

Primeira: a poxa é sen suxeición a tipo.

Segunda: para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado o 20% do tipo da segunda poxa, que foi 65.887.500 ptas., requisito sen o que non serán admitidos.

Terceira: os autos e as certificacións a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Cuarta: as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante queda subrogado na responsabilidade deles sen destinatarse á súa extinción o prezo do remate.

Dado en Santiago de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado