Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a aprobación inicial das obras incluídas no proxecto que se cita.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 1995, aprobou incialmente o proxecto de urbanización da avenida Conde Bugallal, redactado polo arquitecto xefe da O.X.D.U., dispoñendo que sexa sometido a información pública por un período de 15 días hábiles para efectos de reclamacións e suxestións, mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A aprobación elevarase a definitiva de non se presentaren reclamacións no prazo establecido para o efecto.

Pontevedra, 24 de febreiro de 1995.

Fernando Gago Ruibal

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral