Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1995 pola que se anuncia a aprobación inicial das obras incluídas no proxecto que se cita.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 23 de febreiro de 1995, aprobou incialmente o proxecto de acondicionamento das marxes do río Lérez, acceso a Monteporreiro e dotación de servicios, dispoñendo que sexa sometido a información pública por un período de 15 días hábiles para efectos de reclamacións e suxestións, mediante a publicación de anuncio no BOP e mais no Diario Oficial de Galicia computándose o prazo a partir do día seguinte ó da insercción no DOG. A aprobación elevarase a definitiva de non se presentaren reclamacións no prazo establecido para o efecto.

Pontevedra, 13 de marzo de 1995.

Francisco J. Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral