Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO sobre aprobación do escudo e a bandeira municipal.

Aprobados polo Pleno do Concello o escudo e a bandeira municipal e aceptadas as modificacións que suxire a Real Academia da Historia, expóñense ó público os correspondentes acordos plenarios polo prazo de un mes, contado desde a data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia,

para efectos de que os interesados poidan formular reclamacións, de acordo co disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro.

Cabanas, 30 de maio de 1995.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-presidenta