Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 134/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: La Cañiza, U.T.E.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. de Folgoso, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ata o túnel da autovía Rías Baixas Ourense-Vigo, tramo A Cañiza-Batalláns, concello da Cañiza.

Finalidade da instalación: subministrar enerxía para a construcción dun túnel.

Características principais: L.M.T., aéreo-soterrada, a 20 kV, sendo o tramo aéreo de 875 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, e o tramo soterrado terá unha lonxitude de 40 m con conductor tipo R.H.V.; C.T. de 1260 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Orzamento: 2.349.940 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra