Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización de instalacións de gasificación do noroeste: ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo, promovido pola empresa, Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administraciones públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, se somete a información pública o proxecto de gasificación do noroeste: ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Ley 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con domicilio na Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos concellos de Vilalba, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Lugo e Cospeito.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto ramal e rede de distribución de gas natural para usos industriais en Lugo.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: o trazado ten a súa orixe na posición I-012 do gasoducto de transporte da gasificación do noroeste, situada no concello de Vilalba; bordea Vilalba polo oeste para discorrer posteriormente xunto á estrada C-641 ata Rábade e continúa paralelo á estrada N-VI cara a Lugo capital. Desvíase cara ó oeste terminando poucos quilómetros ó sur de Lugo.

A lonxitude da rede de distribución é de 58.189 m.

A conducción será de aceiro ó carbono, cumprindo a especificación APIO- 5L-Gr B, con diámetros de 8", 6", 4" e 2" e espesores de 4,5 mm, 4 mm, 3,6 mm e 3,6 mm respectivamente, en función das condicións da explotación, dotada de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño efectiva é de 16 bar.

O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 9.030 m3(N)/h.

Instalacións auxiliares:

-Válvulas de seccionamento.

-Válvulas de acometida.

-Acometida eléctrica en baixa tensión, para a estación de protección catódica da rede.

Concellos afectados:

Vilalba (15.926 m), Begonte (11.710 m), Rábade (2.902 m), Outeiro de Rei (7.282 m) e Lugo (20.369 m).

Orzamento: 1.601.279.965 ptas. (mil seiscentos un millóns duascentas setenta e nove mil novecentas sesenta e cinco pesetas).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construcción do gasoducto e as súas instalacións auxiliares concrétase da seguinte forma:

Un.-Expropiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de dous metros de largo, por onde discorrerá, enterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos, a unha distancia inferior a dous metros contados desde o eixe da tubería.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente y se cumplan as condiciones que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiais ou subterráneas que cumpran para a execución ou funcionamento das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e no que se fará desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa, de terreo de un metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras; construción ou edificación nunha franxa de terreo de tres metros de largo (1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións), así como o dereito a tronzar ou arrinca-las árbores ou arbustos que houbese a unha distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio no planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo atranco, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e a montaxe das instalacións ou operaciones precisas para os ditos fins.

Catro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo dela, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar ningún acto que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de largo.

3. Libre acceso do persoal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pago, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo devandito proxecto, que se relacionan ó final deste anuncio para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificios, administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na Delegación Provincial de Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, os cales poderán presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que xulguen oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria