Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (111/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 111/1994, por instancia do procurador Losada Gómez, en representación de Caixa de Aforros de Galicia, contra Ramón Iglesias Gómez, Mª Divina Arufe Rodríguez e María Manuela Rodríguez Castro, sobre reclamación de cantidade, nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 20 de xullo ás 10.30 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-O tipo do remate é o de 610.000 pesetas; en relación á leira, e o de 450.000 en canto ó coche, sen que se admitan posturas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

Segunda.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, número 1.500-17-0111-94, o vinte por cento do tipo de remate.

Terceira.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

Cuarta.-Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións, dos postores que non resultaren rematantes e o admitan, sempre que cubrisen o tipo da poxa, co fin de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que os sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Quinta.-Os títulos de propiedade, suplidos con certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

Sexta.-As cargas e gravames anteriores e mailos preferentes, de os haber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 21 de setembro, ás 10.30 horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% da primeira, e no caso de resultar deserta a segunda, haberá unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de outubro ás 10.30 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa.

Leira. Predio rústico número 142-A, do plano xeral de concentración parcelaria, terreo dedicado a prado e labradío no lugar de Fondón, Biduído, concello de Ames. Linda ó norte con José Hombre Antelo; sur, con Dolores Rodríguez Castro; leste, con camiño; oeste, con zona excluída, rego en medio. Ten unha extensión de 24 áreas e 40 centiáreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, predio número 12.980, folio 23, libro 134, tomo 529.

Vehículo: marca Opel Kaddet, 1.8 I, matrícula M-9932-GL.

Pra que lles sirva de edicto de notificación en forma ós demandados rebeldes Ramón Iglesias Gómez, Mª Divina Arufe Rodríguez e María Manuela Rodríguez Castro, expido este edicto en Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado