Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.272

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (60/1995).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas número 60/1995, sobre inxurias, cítase a Juan Carlos Lema Balsa, en concepto de denunciado, a fin de que o día vinteseis de xuño de 1995, ás 12.45 horas, comparezca perante a Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo número 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, en caso de non comparecer, recaerán sobre del os prexuízos a que haxa, lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Juan Carlos Lema Balsa, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o vintedous de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA