Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.273

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (160/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía número 160/1994, por instancia do procurador Losada Gómez, en representación de Peter Irmen GMBH, contra Danieli, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 20 de xullo ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

Primeira.-O tipo do remate é o de 4.147.200 pesetas, en relación ó predio número 17.606, e de 6.220.800 pesetas, en relación ó predio número 17.680, sen que se admitan posturas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

Segunda.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, número 1.500-15-0160-94, o vinte por cento do tipo de remate.

Terceira.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

Cuarta.-Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos postores que non resultaren rematantes e o admitan, sempre que cubrisen o tipo da poxa, co fin de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que os sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Quinta.-Os títulos de propiedade, suplidos con certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

Sexta.-As cargas e gravames anteriores e mailos preferentes, de os haber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 21 de setembro, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% da primeira. E no caso de resultar deserta a segunda, haberá unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de outubro ás 10 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa.

Urbano. Número un. Local sito na planta soto dun edificio no lugar Reborido, sinalado co número trinta e catro do lugar de Galanas, parroquia de Calo, municipio de Teo. Destínase a fins comerciais ou industriais. Ocupa unha superficie construída de douscentos metros cadrados. Accédese a el por unha rampla que se abre ó extremo leste da fachada norte do edificio. Linda: norte, subsolo do terreo anexo ó edificio que o separa da estrada A Coruña-Tui; sur, Mercedes Conde Recarey, regato en medio; leste, Dolores González Blanco e oeste, Alfredo Tarrío Fiaño. Está comunicado interiormente co predio número dous. Asígnaselle unha cota de participación con relación ó valor total do inmoble de oito centésimas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 529, libro 170 de Teo, folio 57, predio número 17.606.

Urbano. Número dous. Local sito na planta baixa dun edificio no lugar Reborido, sinalado co número trinta e catro do lugar de Galanas, parroquia de Calo, municipio de Teo. Sen dividir pero susceptible de posterior subdivisión. Destínase a fins comerciais ou industriais. Accédese a el por unha porta que se abre cara ó centro da fachada norte. Ocupa unha superficie construída de cento oitenta metros cadrados. Linda: norte, terreo anexo ó edificio que o separa da estrada A Coruña-Tui, e en pequena liña, portal de acceso ás plantas altas; sur, Mercedes Conde Recarey, rego en medio; leste, Dolores González Blanco e portal de acceso ás plantas alzas e oeste, Alfredo Tarrío Fiaño. Está comunicado interiormente co predio número un. Asígnaselle unha cota de participación con relación ó valor total do inmoble de vintecinco centésimas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 529, libro 170 de Teo, folio 58, predio número 17.608.

Sirva este edicto de notificación en forma á demandada rebelde Danieli, S.L.

Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA