Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.271

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (373/1994).

En virtude do acordado por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dictada en autos incidentais para o recoñecemento do dereito a litigar gratuítamente seguidos neste xulgado co número 373/1994, por instancia de Francisca Domínguez González, representada polo procurador Villar Trillo, por medio da presente cédula, cítase á parte demandada José Manuel Gago Riveiro, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día trinta de xuño e ás doce trinta horas, compareza diante da sala de audiencia deste xulgado, sito na Casa do Concello desta vila, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal, prevíndoa de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía, sen volver a citala e recaendo sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Fáiselle saber que as copias de demanda e documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que así conste e para que sirva de citación en forma ó demandado, José Manuel Gago Riveiro, expido e asino a presente cédula en Ribeira o dezanove de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Amalia Castillo de Comas

Secretaria xudicial