En virtude do acordado por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, dictada en autos incidentais para o recoñecemento do dereito a litigar gratuitamente seguidos neste xulgado co número 128/1995, por instancia de Juana María González Fernández, representada polo procurador Arca Soler, por medio da presente cédula, cítase á parte demandada Juan Fernando Domínguez Rego, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día trinta de xuño e ás doce horas, compareza diante da sala de audiencia deste xulgado, sito na Casa do Concello desta vila, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal, prevíndoa de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía, sen volver a citala e recaendo sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.
Fáiselle saber que as copias de demanda e documentos atópanse á súa disposición na secretaría deste xulgado.
E para que así conste e para que sirva de citación en forma ó demandado, Juan Fernando Domínguez
Rego, expido e asino a presente cédula en Ribeira o dezanove de maio de mil novecentos noventa e cinco.
Amalia Castillo de Comas
Secretaria xudicial
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO
DE COMPOSTELA