Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Rodman Polyships, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rodman Polyships, S.A., situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-3-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa do mesmo, en data 28-3-1995. De con

formidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rodman Polyships, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación no centro de traballo de Rodman Polyships, S.A. existente en Ríos, Teis, Vigo, e por extensión en calquera lugar onde o persoal do cadro poida prestar servicios a aquel.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal da factoría de Ríos, existente no momento da sinatura, e a todos aqueles que se incorporen con posterioridade á dita factoría, quedando excluído deste artigo o persoal ó que fai referencia o artigo 1º, 3 C do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995, sen prexuízo da súa publicación no BOP. A súa vixencia será de dous anos (1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1966).

Entenderase prorrogado de ano en ano, a non ser que calquera de ámbalas partes solicite, en forma legal, a súa revisión ou rescisión cunha anticipación mínima de tres meses á data da súa expiración ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas glo

balmente. Calquera disposición legal, convencional e obrigatoria que no futuro se estableza só será de aplicación se no seu conxunto e cómputo anual resultase superior ás aquí pactadas.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 6º.-Aplicación do convenio.

Constitúese unha comisión mixta como órgano de interpretación e conciliación do presente convenio.

A comisión mixta estará composta por catro membros, dous representantes dos traballadores e dous representantes da empresa, os cales, de entre eles, elixirán un secretario que actuará como moderador.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes respecto da interpretación das súas cláusulas serán sometidas ó dictame obrigatorio da dita comisión, como trámite previo e necesario a calquera denuncia do convenio.

A convocatoria de reunión da comisión mixta poderá ser requirida por calquera das partes, reunión que se celebrará nun prazo máximo de 72 horas. A comisión deberá resolver, nun prazo máximo de 15 días, posteriores á reunión.

No suposto de non existir acordo, elevarase acta cos resultados das interpelacións, elevándoas á autoridade laboral competente.

Capítulo II

Condicións de traballo

Sección primeira. Organización do traballo

Artigo 7º.-Competencia.

A organización do traballo, conforme o prescrito neste convenio e na lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Isto é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes: dirección e traballadores.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo primeiro, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

A organización do traballo estenderase ás cuestións seguintes:

1. A esixencia da actividade normal

2. A adxudicación dos elementos necesarios (máquinas ou tarefas específicas) para que o traballador

poida alcanzar, como mínimo, as actividades a que se refire o número anterior.

3. Fixación tanto dos «índices de desperdicios» como da calidade admisible, ó longo do proceso de fabricación de que se trate.

4. A vixilancia, atención e limpeza da maquinaria encomendada, téndose en conta, en todo caso, na determinación da cantidade de traballo e actividade a rendemento normal.

5. A realización, durante o período de organización do traballo, de modificacións de métodos, tarifa, distribución do persoal, cambio de funcións e variacións técnicas, de máquinas e material, sobre todo cando, respecto destas últimas, se trate de obter e buscar un estudio comparativo.

6. A adaptación das cargas de traballo, rendemento e tarifas ás novas condicións que resulten de aplica-lo cambio de determinado método operatorio, proceso de fabricación, cambio de materia, maquinaria ou calquera outra condición técnica do proceso de que se trate.

7. A fixación de fórmulas claras e sinxelas para a obtención dos cálculos de retribucións que corresponden a todos e cada un dos traballadores afectados, de forma e maneira que, sexa cal for o seu grupo profesional e o posto de traballo que ocupen, as poidan comprender con facilidade.

Artigo 8º.-Modalidade de incentivos.

Procedemento para a implantación dos sistemas de organización do traballo. Para a implantación dun novo sistema de rendementos con base na prima ou incentivos, fixación da actividade normal e óptima e cambio dos métodos de traballo, procederase do seguinte xeito:

1. A dirección da empresa deberá informar previamente do novo sistema que se pretende implantar ó comité de empresa.

2. No suposto de que non houbese acordo entre a dirección e os representantes dos traballadores para a implantación dun novo sistema de rendementos, ámbalas partes poderán, de común acordo, recorrer a unha arbitraxe externa.

3. Se non se produce o acordo esixido nin se solicita a arbitraxe externa, a implantación do novo sistema de rendementos ou do traballo deberá ser aprobado pola autoridade laboral, logo de informe da Inspección de Traballo e comité de empresa, debéndose dicta-la resolución no prazo de quince días contados desde a solicitude formulada pola dirección da empresa.

Artigo 9º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos ou dos servicios prestados por un traballador ou grupo responderá ás condicións fixadas pola empresa nas normas, planos, croquis ou instruccións, etc. que se desen para realiza-lo traballo. Se por causas imputables ós traballadores, os productos ou servicios non se axustasen ás normas de calidade fixadas, poderán motivar actuacións correctivas, se se derivasen de neglixen

cia, omisión ou falta de aplicación do traballador, debidamente comprobadas e segundo a gravidade do caso.

Artigo 10º.-Mobilidade do persoal.

Por razóns técnicas, organizativas ou de producción, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, establécese a mobilidade do persoal da seguinte maneira:

-Mobilidade funcional: poderase levar a cabo no interior dos grupos profesionais, cando isto non implique traslado de localidade. Exercerán de límite para ela os requisitos de idoneidade e aptitude necesarios para o desempeño das tarefas que se lle encomenden ó traballador obxecto da mobilidade funcional.

-Mobilidade xeográfica: poderase levar a cabo nos centros de traballo de Rodman Polyships, S.A. e por extensión a calquera traballo que se realice no concello de Vigo.

Os traballadores serán avisados en caso de desprazamentos cunha anticipación de 24 horas, salvo nos casos de necesidades urxentes de producción ou forza maior.

Ós traballadores obxecto de tal mobilidade, seranlles garantidos os seus dereitos económicos e profesionais, de acordo co presente convenio.

Para os tipos de traslados permanentes informarase o comité de empresa.

Os comités de empresa e delegados sindicais poderán solicitar información acerca das decisións adoptadas pola dirección da empresa, en materia de mobilidade, así como da xustificación e causa delas, véndose obrigada a empresa a facilitala.

Capítulo III

Clasificación do persoal

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados polo presente convenio, en atención ós oficios que desenvolvan e de acordo coas definicións que se especifican no artigo seguinte, serán clasificados en grupos profesionais dentro do seu oficio.

Artigo 12º.-Definición dos grupos profesionais.

A pertenza a un determinado grupo profesional vén definida polos seguintes factores:

a) Autonomía. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta a maior ou menor dependencia xerárquica no desempeño da función que desenvolva.

b) Mando. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta:

-Capacidade de ordenación de tarefas

-Capacidade de interrelación

-Natureza do colectivo

-Número de persoas sobre as que se exerce o mando.

c) Responsabilidade, Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta tanto o grao de autonomía

de acción do titular da función como o grao de influencia sobre os resultados e importancia da conveniencia da xestión.

d) Coñecementos. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta, ademais da formación técnica necesaria para cumprir correctamente o cometido, o grao de coñecemento e experiencia adquiridos, así como a dificultade na adquisición dos ditos coñecementos ou esixencias.

e) Iniciativa. Factor para a valoración do cal se deberá ter en conta o maior ou menor sometemento a directrices ou normas para a execución da función.

f) Complexidade. Factor que se valorará en función do maior ou menor número, así como do maior ou menor grao de integración dos diversos factores antes enumerados na tarefa ou posto encomendado.

En función dos factores anteriores, os grupos profesionais serán os seguintes:

Grupo profesional 11. Criterios xerais.

Operacións que se executan segundo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiren preferentemente esforzo físico e/ou atención e que non necesitan de formación específica, pero si dun período de adaptación.

Formación. Coñecementos a nivel de formación elemental.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Actividades manuais en acondicionamento e/ou envasado.

-Operacións elementais de máquinas sinxelas, entendendo por tales aquelas que non requiran adestramento e coñecementos específicos.

-Operacións de carga e descarga manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

-Operacións de limpeza.

-Tarefas que consisten en efectuar recados, encargos, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

-Etcétera.

Grupo profesional 10. Criterios xerais.

Funcións que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso e concreto, con alto grao de supervisión, que normalmente, esixen coñecementos profesionais de carácter elemental.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Actividades de axuda en proceso de elaboración de productos.

-Actividades operatorias en acondicionamento e/ou envasado con regulación e posta a punto.

-Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, mecánica, pintura, etc., de traballadores que se inician na práctica delas.

-Labores elementais en laboratorio.

-Vixilancia de edificios e locais sen requisitos especiais e sen armas.

-Funcións de recepción que non esixan cualificación especial ou coñecemento de idiomas.

-Traballos de reprografía.

-Traballos sinxelos e rutineiros de mecanografía, arquivo, cálculo, facturación ou similares de administración.

-Etcétera.

Grupo profesional 9. Criterios xerais.

Funcións consistentes na execución de operacións que, aínda que se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas e a responsabilidade das cales está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible e a equivalente a graduado escolar, completada profesionalmente por unha formación específica deste carácter ou pola experiencia profesional.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Operatoria de máquinas complexas de envasado e/ou acondicionado.

-Tarefas de albanelería, electricidade, carpintería, pintura, mecánica, etc., con capacidade suficiente para realiza-las tarefas normais do oficio.

-Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares, que requiran algún grao de iniciativa.

-Vixilancia xurada ou con armas.

-Telefonista sen dominio de idiomas estranxeiros.

-Operadora de télex.

-Telefonista-recepcionista sen dominio de idiomas estranxeiros

-Funcións de pagamento e cobro a domicilio

-Tarefas de gravación e perforación en máquinas de recollida de datos.

-Tarefas de lectura, anotación, vixilancia e regulación baixo instruccións detalladas dos procesos industriais ou da subministración de servicios xerais de fabricación.

-Traballos de mecanografía, con boa velocidade e esmerada presentación, que poidan levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato ou instruccións específicas.

-Tarefas de axuda ou almacéns que, ademais de labores de carga e descarga, impliquen outras complementarias dos almaceneiros.

-Tarefas de transporte e paletización, realizados con elementos mecánicos.

-Labores de calcado de planos.

-Realización de análises sinxelas e rutineiras de fácil comprobación e funcións de toma e preparación de mostras para análise.

-Etcétera.

Grupo profesional 8. Criterios xerais.

Funcións existentes na execución de operacións que, aínda que se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, e a responsabilidade das cales está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada cunha experiencia profesional en Rodman Polyship, S.A. de polo menos 15 anos no grupo profesional 9.

Grupo profesional 7. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a súa responsabilidade, podendo ser axudados por outro e outros traballadores.

Formación. Formación básica, equivalente a BUP ou ben educación xeral básica, complementada con formación específica de carácter profesional.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Operador de ordenador.

-Taquimecanógrafa, que alcance 100 palabras por minuto de taquigrafía e 240 pulsacións en máquina, con boa presentación de traballo e ortografía correcta, capaz de redactar directamente correo de trámite segundo indicacións verbais.

-Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos á vista de ofertas recibidas, recepción e tramitación de pedidos e facer propostas de contestación.

-Tarefas que consisten en establecer, con base en documentos contables, unha parte da contabilidade.

-Cálculo de salarios e valoración de custos de persoal.

-Tarefa de análises físicas, químicas e biolóxicas e determinacións de laboratorio realizadas baixo supervisión, sen que sexa preciso sempre indicar normas e especificacións, implicando, ademais, o coidado dos aparellos e a súa homologación, preparación dos reactivos necesarios, obtención de mostras e expedición de certificados e boletíns de análises.

-Tarefas de albanalería, carpintería, electricidade, pintura, mecánica, etc. con capacitación do máis alto nivel, que permita resolver tódolos requirimentos da súa especialidade.

-Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución con rexistro en libros ou máquinas para o efecto do movemento diario.

-Tarefas de delineación.

-Conducción ou conducción con reparto, con permiso de conducción de clase C, D ou E, entendendo que poden cambia-la actividade de conducir co reparto de mercadorías.

-Funcións de control e regulación nos procesos de producción que xeran transformación de producto.

-Tarefas de regulación e control que se realizan indistintamente en diversas fases e sectores de proceso.

-Vendedores sen especialización.

-Etcétera.

Grupo profesional 6. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade delas, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación. Formación básica, equivalente a BUP ou ben educación xeral básica, complementada con formación específica de carácter profesional e cunha experiencia profesional en Rodman Polyships, S.A. de polo menos 15 anos no grupo profesional 7.

Grupo profesional 5. Criterios xerais.

Inclúese neste grupo a realización das funcións de integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coas responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe, ademais, a realización de tarefas que, aínda sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en BUP, completados cunha experiencia ou unha titulación profesional a primeiro nivel superior ou polos estudios específicos necesarios para desenvolve-la súa función.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Tarefas que consisten no exercicio de mando directo á fronte dun conxunto de operarios dos denominados oficios clásicos (albanelería, carpintería, pintura, electricidade, mecánica, etc.)

-Tarefas de traducción, corresponsalía, taquimecanografía e teléfono con dominio dun idioma estranxeiro.

-Programador de informática.

-Tarefas de contabilidade consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar estados, balances, custos, provisións de tesourería e outros traballos análogos, conforme o plan contable da empresa.

-Tarefas que impliquen a responsabilidade da vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguridade.

-Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos, segundo instruccións.

-Responsabilidade da supervisión, segundo especificacións xerais recibidas, da execución práctica das tarefas de análise nun conxunto de laboratorios.

-Actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poidan ser secundadas por un ou varios traballadores do grupo profesional inferior.

-Vendedores especializados.

-Etcétera.

Grupo profesional 4. Criterios xerais.

Inclúese neste grupo a realización das funcións de integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coas responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe, ademais, a realización de tarefas que, aínda sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en BUP, completados cunha experiencia profesional en Rodman Polyships, S.A., de polo menos 15 anos no grupo profesional 5.

Grupo profesional 3. Criterios xerais.

Funcións que consisten en integrar, coordinar e supervisa-la execución de tarefas heteroxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúese, ademais, a realización de tarefas complexas, pero homoxéneas que, aínda sen implicar mando, esixe un alto contido intelectual, así como aquelas que consisten en establecer ou desenvolver programas ou aplicar técnicas, seguindo instruccións xerais.

Formación. Coñecementos equivalentes a formación académica de grao medio, completada cun período de prácticas ou experiencia adquirida en traballos análogos.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións técnicas a nivel académico medio, que consisten en colaborar en traballos de investigación, control de calidade, estudios, vixi

lancia ou control en procesos industriais ou en servicios profesionais ou científicos de asesoramento.

-Analista de aplicacións de informática.

-Responsabilidade de ordenar e supervisa-la execución de tarefas de producción, mantemento, servicios ou administración do conxunto deles.

-Responsabilidade dunha unidade homoxénea de carácter administrativo ou do conxunto de servicios administrativos.

-Inspectores ou supervisores da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 2. Criterios xerais.

Inclúen as funcións que consisten na realización de actividades complexas con obxectivos definidos e con alto grao de esixencia nos factores de autonomía e responsabilidade, dirixen normalmente un conxunto de funcións que comportan unha actividade técnica ou profesional especializada.

Formación. Equivalente a titulación académica superior ou ben de grao medio, completada cunha dilatada experiencia profesional.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións que impliquen tarefas de investigación ou control de traballos con capacitación para estudiar e resolve-los problemas que se presenten.

-Supervisión técnica dun proceso ou sección de fabricación ou da totalidade do proceso.

-Supervisión técnica dun grupo de servicios ou da totalidade deles e mesmo tódolos procesos técnicos.

-Coordinación, supervisión e ordenación de traballos administrativos heteroxéneos.

-Responsabilidade da explotación dun ordenador.

-Análise de sistemas de informática.

-Delegados da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 1. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo aqueles postos que requiren un alto grao de autonomía, coñecementos profesionais e responsabilidade que se exercen sobre un ou varios sectores da empresa, partindo de directrices xerais moi amplas, debendo de dar conta da súa xestión a algunha das persoas incluídas no grupo 0.

Formación. Equiparable ós niveis académicos superiores, completados con estudios específicos e dilatada experiencia profesional.

Exemplos: neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-As funcións consistentes en planificación, ordenación e supervisión dos servicios.

-As consistentes en ordenación e supervisión de sistemas, procesos e circuítos de traballo.

-O desenvolvemento de tarefas de xestión e de investigación a alto nivel coa programación, desenvolvemento e responsabilidade polos resultados.

-A responsabilidade do control, planificación, programación e desenvolvemento do conxunto de tarefas de informática.

-Etcétera.

Grupo profesional 0. Criterios xerais.

Os traballadores pertencentes a este grupo planean, organizan, dirixen e coordinan as diversas actividades propias do desenvolvemento da empresa. As súas funcións comprenden a elaboración da política de organización, as liñas xerais da utilización eficaz dos recursos humanos e dos aspectos materiais, a orientación e o control das actividades da organización, conforme o programa establecido, á política adoptada; o establecemento e o mantemento de estructuras productivas e de apoio e o desenvolvemento da política industrial, financeira ou comercial.

Toman decisións ou participan na súa elaboración. Desempeñan altos postos de dirección ou execución dos mesmos niveis nos departamentos, divisións, grupos, fábricas, plantas, etc. en que se estructura a empresa e que responden sempre á particular ordenación de cada unha.

Capítulo IV

Vacantes e postos de nova creación, ascensos, cadros de persoal e escalas

Artigo 13º.-Vacantes e postos de nova creación.

A provisión para cubrir vacantes, así como para postos ou prazas de nova creación, axustarase ás normas legais xerais sobre colocación e ás especiais para os traballadores así considerados.

A dirección da empresa determinará os criterios e/ou probas selectivas a realizar para a provisión e a documentación que se aportará.

A empresa comunicaralle ó comité de empresa o posto a cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. O comité de empresa velará pola súa aplicación obxectiva.

Terán dereito preferente para a provisión, en igualdade de méritos, os traballadores fixos da empresa.

En caso de falecemento, ou invalidez total, por accidente laboral dun traballador do cadro de persoal, terán preferencia para ocupa-lo dito posto a viúva ou fillo do dito traballador.

En todo caso, a provisión de prazas que se refiran a postos de traballo que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas serán cubertas directa e discrecionalmente pola dirección da empresa.

O persoal afectado por invalidez permanente parcial, para o seu traballo habitual, declarada por resolución firme a autoridade competente, e durante a vixencia deste convenio, tratarase de facilitarlle un traballo apropiado ás súas novas condicións, sempre e cando non poida realiza-lo traballo que anteriormente ó accidente viña realizando.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores fixos considerarase feito a título de proba, o período da cal será variable segundo a índole dos postos a cubrir e que en ningún caso poderá exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Grupos profesionais 1 e 2: seis meses.

-Grupos profesionais 3, 4 e 5: tres meses.

-Grupos profesionais 6, 7, 8 e 9: un mes.

-Grupos profesionais 10 e 11: quince días.

Só se entenderá que o traballador está suxeito ó período de proba se así consta por escrito. Durante o período de proba, pola empresa e o traballador poderá resolverse libremente o contrato sen preaviso e sen dereito a indemnización.

Transcorrido o prazo de proba, os traballadores ingresarán como fixos no cadro, computándose, para tódolos efectos o período de proba. A situación de incapacidade laboral transitoria interromperá o cómputo deste período, que se proseguirá a partir da data da incorporación efectiva ó traballo.

Artigo 15º.-Ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza, tales como as que realizan os traballadores de grupo profesional do 01 ó 05, ambos incluídos, así como a que realizan o inspector, delegado, conserxe, cobrador, gardiáns, vixilantes, ATS, secretaria de dirección, almaceneiros, serán de libre designación pola empresa.

2. Para o ascenso do resto dos traballadores a empresa establecerá un concurso-oposición con base nun sistema de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: titulación adecuada, valoración académica, coñecemento do posto de traballo, historial profesional, ter desempeñado función de superior grupo profesional e superar satisfactoriamente as probas que se establezan para o efecto.

En parellas condicións de idoneidade, atribuiráselle o ascenso ó máis antigo.

O sistema confeccionado pola dirección será preceptivamente dictaminado polo comité de empresa. Quedará aberta ós traballadores a vía de reclamación ante a Inspección de Traballo.

Para os efectos de asegura-la representación do comité de empresa nos procedementos a través dos cales se produzan os ascensos, este designará un

representante que participará no tribunal do concurso-oposición, con voz e sen voto. Así mesmo, fará constar en acta, levantada para o efecto, as súas excepcións.

Ámbalas partes se comprometen a desenvolve-lo previsto neste artigo, en canto ó sistema e prazos. A revisión de categorías realizarase no mes de xuño.

Artigo 16º.-Cadro de persoal.

A empresa confeccionará cada ano o cadro do seu persoal fixo e noutras condicións laborais, sinalando o número de traballadores que comprende cada oficio e grupo profesional.

Sen prexuízo da promoción do persoal existente pola vía do ascenso, a empresa poderá amortiza-las vacantes que se produzan.

Previamente á amortización dunha vacante, informarase ó comité de empresa para os efectos oportunos.

Artigo 17º.-Escalas.

A empresa confeccionará anualmente as escalas do seu persoal en dúas modalidades diferentes:

a) Xeral, que agrupará a todo o persoal por orde da data de ingreso.

b) Especial, que agrupará os traballadores por oficio e grupo profesional.

Na confección deberase especificar: nome e apelidos, data de nacemento, data de ingreso, grupo profesional, data de alta neste e data do próximo vencemento do complemento de antigüidade.

A orde de cada traballador na escala virá determinada pola data de alta no grupo profesional, en caso de igualdade, por antigüidade na empresa e, en caso de igualdade, pola idade do traballador.

As escalas serán publicadas para coñecemento do persoal, que terá un prazo de 30 días a partir da data de publicación, para reclamar ante a empresa. Se a empresa non contestase en 60 días á reclamación, enténdese que acepta esta.

Artigo 18º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa virán obrigados a polo en coñecemento dela, cumprindo os seguintes prazos de preaviso:

-Grupos profesionais 1 e 2: dous meses.

-Grupos profesionais 3, 4, 5, 6 e 7: un mes.

-Grupos profesionais 8, 9, 10 e 11: quince días.

O incumprimento por parte dos traballadores da obriga de preavisar coa indicada anticipación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do mesmo o importe do salario de un día por cada día de retraso no preaviso.

A empresa quedará obrigada a liquidar, ó finaliza-lo prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados en tal momento. O incumprimento desta obriga imputable á empresa levará emparellado o dereito do traballador de ser indemnizado co importe de un día por cada día de retraso na liquidación.

Non existirá tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito se o traballador non preavisou coa anticipación debida.

Capítulo V

Xornada de traballo, horario, horas extras, traballos en domingo, festivos e nocturnos, vacacións e licencias varias

Artigo 19º.-Xornada anual de traballo.

A xornada laboral anual será de 1.759,50 horas para os anos 1995 e 1996.

Artigo 20º.-Horario.

O horario de traballo establécese, con carácter xeral, para a totalidade do persoal, coa exclusiva excepción do persoal de vixilancia de factoría e o persoal con contratos que recollan horarios diferentes, e durante os doce meses do ano como a seguir se indica:

De luns a venres de 8 a 13 e de 14 a 17.15 horas.

As horas que se citan son indicativas do efectivo comezo e terminación do traballo, polo que a non presentación no posto de traballo á hora de comezo indicada ou o abandono do mesmo antes da finalización terá a consideración de infracción por incumprimento do convenio.

O exceso de xornada semanal sobre a establecida legalmente destínase á recuperación de pontes e exceso de vacacións.

Establecerase de común acordo o calendario laboral para os anos 1995 e 1996.

Artigo 21º e 22º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extras aquelas que excedan da duración da xornada de traballo a que se refire o artigo anterior.

A iniciativa do traballo en horas extras corresponde á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador, a excepción daqueles casos en que a súa non realización lle produza á empresa graves prexuízos e/ou impida a continuidade da producción e/ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros análogos a non realización dos cales produza evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como no caso de risco de perda de materias primas.

As horas extras motivadas por causa de forza maior e as estructurais notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente entre empresa e comité de empresa, para os efectos de obte-la reducción de recargos de cotización.

Horas extras estructurais son aquelas necesarias por perdas ou períodos puntas de producción, ausencias impostas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobras de buques, botaduras, varadas e outros supostos similares.

21.1. Horas extras normais.

Son as realizadas desde as 6 ás 22 horas, e que excedan da xornada normal do traballador. O seu valor establécese na táboa anexa.

21.2. Horas extras nocturnas.

Son as comprendidas entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. O seu valor establécese na táboa anexa, na cal está incluído o plus de nocturnidade.

21.3. Horas extras en domingos ou festivos.

O seu valor establécese na táboa anexa.

21.4. Xornada completa en domingos ou festivos.

Será aboada cun incremento do 10% sobre o salario base, C.P.N.A e plus de asistencia e puntualidade, non traballándose ó día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. Se o día seguinte fose xornada de sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o apartado 21.3.

21.5. Xornada completa de noite.

Será aboada cun incremento do 25% sobre o salario base, C.P.N.A. e plus de asistencia e puntualidade. Nesta porcentaxe está incluído o plus de nocturnidade. Non traballando o día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. Se o día seguinte fose sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o apartado 21.2.

21.6. Traballo en sábado ou días de ponte.

As horas de traballo realizadas durante estes días pagaranse como horas extras, conforme o establecido no apartado 21.1º e 21.2º.

O 50% das horas extras realizadas por cada traballador, de luns a venres, serán compensadas por tempo de descanso retribuído, a razón de 1,25 horas por cada hora, acumulándose para seren desfrutadas en días ou medios días.

Unha vez acumuladas as horas de un mes, as ditas horas poderán ser desfrutadas dentro dun prazo de 3 meses. Caso de non as poder desfrutar no dito prazo, estas serían aboadas ó traballador na nómina do mes seguinte de finaliza-lo dito prazo de 3 meses.

Ex. Horas realizada no mes de xaneiro:

Desfrutaranse dentro dos tres meses seguintes de febreiro, marzo e abril.

Caso de non as poder desfrutar por saturación de traballo, estas serían aboadas na nómina de maio.

O departamento de Recursos Humanos terá informado o traballador e comité de empresa das horas acumuladas por mes.

Artigo 23º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal afectado polo presente convenio será de 30 días naturais para tódolos traballadores.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico, sendo o seu desfrute obrigatorio.

A empresa poderá organizar quendas de vacacións en función da carga e urxencia dos traballos en curso por realizar.

Todo o persoal será informado cun mínimo de dous meses ó comezo das súas vacacións, do período que lle corresponde.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a seguir se expón:

1. Quince días naturais en caso de matrimonio.

2. Tres días naturais por nacemento de fillo legalmente recoñecido, que poderán ser prorrogados por un día máis en caso de xustificada enfermidade, cando un traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, garantíndose que destes tres días, dous serán laborables.

3. Catro días naturais por falecemento de cónxuxe, fillos, pais, sogros e irmáns, que se poderán ampliar a un día máis, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Dous días laborables por falecemento de avós, avós políticos, noras, xenros, netos, cuñados, que se poderán ampliar a catro días naturais, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

5. Tres días naturais en caso de grave enfermidade dos familiares comprendidos nos apartados 3 e 4.

6. Durante un día por traslado de domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

8. Falecemento por accidente durante a xornada laboral dun compañeiro de traballo: todo o persoal o resto da xornada laboral.

9. Por enterro dun traballador de Rodman Polyships, S.A.: unha representación dos traballadores ata un máximo de cinco, polo tempo necesario para a asistencia ó enterro.

10. Un día natural por matrimonio de pais, irmáns, fillos e netos.

Artigo 25.-Licencias sen soldo.

Avisando coa debida antelación e aceptado pola empresa de non supor unha alteración importante dos medios productivos, o traballador poderá solicitar licencia sen soldo por causa xustificada ou ampliación das do artigo 24º.

A duración desta licencia será a necesaria e a determinar entre empresa e traballador.

Artigo 26º.-Asistencia a consultas médicas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior polo facultativo, poderá faltar ó traballo ou ausentarse del con dereito a toda a súa remuneración por un máximo de tres horas para a asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social; e polo tempo imprescindible, no caso de asistencia a consulta de especialista da Seguridade Social.

Tamén poderán faltar ó traballo para asistir a consultas de médicos privados, logo de aviso e xustificación posterior, cun máximo de 3 horas, como no caso de asistencia a consulta de facultativos da Seguridade Social.

Artigo 27º.-Excedencias.

Aplicarase o disposto no artigo 46º do Estatuto dos traballadores, e artigo 9º da Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo VI

Retribución de persoal

Artigo 28º.-Sistema retributivo.

As retribucións anuais do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base e os seus complementos e pluses.

Artigo 29º.-Pagamento de retribucións.

O pagamento de retribucións realizarase mensualmente a través das diversas entidades bancarias.

O día de cobro será o último día laborable de cada mes.

En canto ós anticipos, aplicarase o disposto na lexislación vixente. Solicitaranse con 48 horas de anticipación.

Artigo 30º.-Descrición das retribucións.

As retribucións anuais do persoal estarán formadas polos seguintes conceptos:

A) Salario base

B) Complemento persoal non absorbible

C) Plus de antigüidade

D) Plus de asistencia e puntualidade

Artigo 31º.-Salario base.

A táboa de salario base mínima anual para 1995 por cada grupo profesional é a seguinte:

-Grupo 13.415.694

-Grupo 22.741.352

-Grupo 32.295.790

-Grupo 42.158.790

-Grupo 52.021.240

-Grupo 61.916.853

-Grupo 71.812.048

-Grupo 81.746.958

-Grupo 91.681.606

-Grupo 101.530.642

-Grupo 111.445.371

Para 1996 establécese un incremento sobre a táboa do salario base de 1995, do IPC real de 1995.

Artigo 32º.-Axuda de custos de manutención.

Establécese para 1995 unha axuda de custos de manutención de 325 ptas. por día de asistencia ó traballo, incrementándose a dita cantidade para o ano 1996 nunha porcentaxe igual ó IPC real. Esta axuda de custos aplicaráselle soamente ó persoal que preste os seus servicios no horario establecido no artigo 20. O aumento de 25 ptas. para o presente ano comezarase a aplicar a partir do 1 de abril de 1995, sen que teña carácter retroactivo.

Artigo 33º.-Complemento persoal non absorbible.

Co fin de salvagarda-lo dereito adquirido polos traballadores a título persoal, en función da súa procedencia de orixe, a empresa continuará aboando unha cantidade en concepto de complemento persoal non absorbible (C.P.N.A.). Estas cantidades non poderán ser absorbidas ou compensadas por outros conceptos retributivos, salvo acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 34º.-Plus de antigüidade.

Establécese un plus de antigüidade para tódolos traballadores de 36.000 pesetas ano por quinquenio, pagadoiro en doce mensualidades de igual contía e calculando en función da data de alta na empresa do seguinte xeito:

Alta do 1 ó 15: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes en que se cumpre o quinquenio.

Alta do 16 a fin de mes: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes seguinte en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 35º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Aboarase un plus de asistencia e puntualidade consistente nun 6,7% calculado sobre a suma do salario base e o C.P.N.A. e pagadoiro en doce mensualidades de igual contía.

A súa percepción estará suxeita á normativa que se recolle como anexo I do presente convenio.

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

As retribucións que perciban os traballadores por tódolos conceptos antes enumerados terán a consideración de «retribucións brutas anuais» e polo tanto inclúen dúas pagas extraordinarias que serán distribuídas en doce meses.

Artigo 37º.-Axudas de custos, desprazamentos e aloxamentos.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a poboacións distintas daquela onde estea o centro de traballo percibirán:

a) Unha axuda de custos para manutención e aloxamento de acordo co seguinte criterio e distribución:

-Realizando unha comida fóra e pernoctando no seu domicilio: 1.700 ptas.

-Realizando dúas comidas fóra e pernoctando no seu domicilio: 2.900 ptas.

-Por pernocta e almorzo fóra de domicilio: 3.700 ptas.

b) Os gastos de locomoción serán a cargo da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis idóneo.

Se entre a empresa e o traballador se acorda que o desprazamento sexa en vehículo propio do traballador, establécese unha compensación de 30 ptas./km, co que quedan cubertos tódolos factores do custo, excepto a peaxe de autoestrada.

c) Se o desprazamento ou viaxe non orixina ningún gasto por locomoción, manutención, aloxamento, etc., por asumilo a empresa na súa totalidade, a empresa non aboará ningunha cantidade en concepto de locomoción, axuda de custos etc.

Se por realización de traballos dentro da localidade onde se encontra o centro de traballo, o traballador se encontrase realizando horas extraordinarias de acordo cos artigos 21º e 22º deste convenio, na que se vise imposibilitado de desprazamento ó seu domicilio para efectua-las comidas ou ceas, a empresa aboará por cada unha delas a cantidade de 725 ptas. Polo suposto do almorzo aboará a cantidade de 250 ptas.

Artigo 37º bis.-Viaxes en xeral.

1. Por día pernoctado fóra do domicilio, aboaráselle ó traballador o valor de dúas horas extras, pagadas como tales horas extras, sen compensalas por tempo de descanso, máis as horas traballadas que excedan de 8 h 15 min.

2. Se o traballo se desenvolve en países con vida especialmente dura, en países como Angola, Mozambique, etc., gratificarase por días pernoctado fóra do domicilio con 3.000 ptas., máis horas traballadas que excedan de 8 h 15 min.

3. As horas de viaxe consideraranse todas como horas normais traballadas, excepto sábados, domingos, festivos e pontes, que serán consideradas como horas extras.

4. Cando o traballador vaia navegando 24 ou máis horas nun buque en garantía, ou efectuando reparacións, con aloxamento e manutención a bordo, considerarase traballada a xornada completa nos días laborables e, ademais, recibirá unha gratificación de 5.000 ptas./día.

Os sábados, domingos, festivos e pontes daráselle o mesmo tratamento, en canto ás horas, como se se traballase en factoría, recibíndose, así mesmo, a cantidade de 5.000 ptas. por día como gratificación.

Artigo 37º bis 1.-Traballos suxeitos a mobilidade xeográfica.

Cando un traballador da factoría de Ríos se desprace a realizar traballos á factoría de Meira, seralle aplicado o horario establecido no artigo 20º, é dicir, traballará de 8 h a 13 h e de 14 h a 17,15 h, polo que a non presentación no posto de traballo, á hora de comezo indicada, ou, o abandono do mesmo antes da súa finalización, terá a consideración de infracción por incumprimento do convenio.

Todo traballador suxeito ó presente convenio que, no seu traslado a ese centro de traballo, se vexa obrigado á utilización da autoestrada de peaxe (ponte de Rande), percibirá como compensación a cantidade de 1.200 ptas. por día de traballo. A cantidade de 1.200 ptas. será modificada cando se produzan alzas no prezo da peaxe da autoestrada, nunha cantidade igual á suba desta. A. súa estadía en Meira non será superior a dous meses, no período de un ano, salvo acordo co traballador.

O establecido nos art. 37º 37º bis e 37º bis.1 terá vixencia desde o 1 de abril de 1995 ata o 31 de decembro de 1996.

Artigo 38º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Se a pesar dos medios dispostos e medidas tomadas se presentase de forma puntual un traballo considerado tóxico, penoso ou perigoso aboaráselle ó persoal afectado e polo tempo que dure este traballo un complemento do 10% do salario base de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 39º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá gratuitamente o persoal que polo seu traballo o preciso da seguinte roupa de traballo anual, para o seu uso obrigatorio:

-Persoal obreiro de laminación: 3 fundas.

-Resto do persoal obreiro: 2 fundas.

-Persoal empregado: 2 fundas ou batas.

Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de dúas fundas no momento de inicia-los seus servicios na empresa, salvo que o seu contrato sexa temporal.

Para aqueles traballos que o requiran, por unha especial sucidade, disporase dun stock de fundas para tal cometido, sendo a súa limpeza responsabilidade da empresa. Especialmente refírese a engraxamento de guindastres, limpeza de cárteres, limpeza de tanques, montaxe de tubos impregnados en aceite e traballos a criterio do xefe de departamento.

Entregaráselle un par de botas de seguridade a aquel persoal que, dunha forma sistemática, realice traballos nos que teñan risco de accidente nos pés, a criterio da dirección de producción ou traballe en zonas de combustibles ou aceites.

Ó persoal de laminación entregaráselle dous pares de calzado adecuado. Ó resto do persoal entregaráselle un par de botas.

A empresa, así mesmo, dotará de roupa e calzado impermeable; luvas, polainas, luvas de goma etc. ó persoal que o precise.

A entrega das pezas anteriormente citadas será sempre efectuada contra entrega das que hai que repor.

A empresa oirá o comité de empresa en canto á calidade da roupa.

Artigo 40º.-Seguro de vida, invalidez e accidente.

Manterase o seguro colectivo de vida, invalidez e accidente, a cargo da empresa durante a vixencia do presente convenio. Este seguro terá unha revisión

de valores asegurados para 1995 e 1996, de 100.000 ptas./ano.

Artigo 40º bis.-Fondo social.

Créase un fondo social que estará composto por unha aportación do 2 por mil mensual, calculado sobre o salario bruto de cada traballador, e que será aportado pola totalidade dos traballadores suxeitos ó presente convenio, aportando a empresa ó dito fondo unha cantidade mensual do 3,5 por mil. Este fondo será xestionado por dous representantes, da empresa e dous representantes dos traballadores, quedando pendente a creación duns estatutos que regulen a distribución destes fondos.

Capítulo VII

Réxime disciplinario

Artigo 41º.-Sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Os expedientes disciplinarios que puidesen existir á sinatura do convenio quedarán prescritos á sinatura do mesmo.

Artigo 42º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 43º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes, entre outras:

1. O incumprimento inxustificado do horario de traballo cando non supoña falta grave.

2. Non notificar previamente ou dentro das 24 horas seguintes á falta a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do posto de traballo sen causa fundada, aínda cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia disto se orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do equipo e do material.

5. Non utilización da roupa de traballo obrigatoria.

6. Non atende-lo público, compañeiros ou subordinados ou superiores coa corrección e dilixencia debidas, se for o caso.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia e domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

9. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

10. Falta de aseo e limpeza persoal.

Artigo 44º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo nun período de trinta días naturais e de seis faltas calquera que sexa o retraso, no mesmo período.

2. Ausencia sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta días naturais. Abondará unha soa falta cando tivese que relevar a un compañeiro ou cando, como consecuencia dela, se causase prexuízo dalgunha consideración á empresa, sen aviso a esta durante a primeira hora de traballo.

3. Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou dela derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Disimula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En tódolos casos, considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso da roupa de seguridade e aparellos de seguridade con carácter obrigatorio.

10. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas, da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme se poida identifica-la empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado comunicación escrita.

13. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

Artigo 45º.-Faltas moi graves.

Considéranse como faltas moi graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de doce faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou vintecatro durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar desperfectos en primeiras materias, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feito que poidan implicar para esta desconfianza respecto do seu autor e, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelarlle a elementos estraños a ela datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obras, abuso de autoridade, falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros e subordinados ou ós seus familiares.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo, sempre que non estea motivada polo exercicio de ningún dereito recoñecido polas leis.

12. Orixinar frecuentes liortas e pendencias cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de terse producido a primeira.

14. O abuso de autoridade que se puidese cometer por parte dos mandos ou con delegación de mando será sempre considerado como falta moi grave e sancionarase en consecuencia, entendendo polo dito abuso o que cometa un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dunha norma ou precepto legal que prexudique notoriamente a un inferior.

15. As faltas inxustificadas de asistencia ó traballo, durante 3 días consecutivos ou 5 alternos, nun período de 30 días.

Artigo 46º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impor sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción das faltas, calquera que sexa a súa gravidade, requirirá comunicación escrita motivada ó traballador.

No caso de sancións graves ou moi graves, a empresa, antes de impo-la sanción, escoitaralle ó traballador e ó comité de empresa as alegacións pertinentes.

Artigo 47º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que se poderán impor en cada caso, atendendo a gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves.

Amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves.

Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves.

Desde a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo, nos supostos en que a falta fose cualificada de un grao máximo.

Artigo 48º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data na que aquela tivo coñecemento da súa comisión.

Capítulo VIII

Seguridade e hixiene

Artigo 49º.-Comité de seguridade e hixiene.

1.1. Será función do dito comité a de promove-la observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, así como a de estudiar e promove-las medidas que consideren oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

Tamén poderá propor á dirección a adopción de medidas disciplinarias cos traballadores que infrinxan as normas de seguridade e hixiene.

1.2. A composición do comité de seguridade e hixiene será:

A) Un presidente de libre designación pola dirección.

B) O xefe de mantemento e o responsable dos servicios sanitarios, nun dos cales, por decisión da dirección, recaerá a vicepresidencia do comité.

C) Tres traballadores, designados polo comité de empresa, con grupo profesional mínimo do 9 e que

seguise algún curso de seguridade e hixiene ou posúa preparación adecuada nestas materias.

D) O responsable dos servicios sanitarios desempeñará as funcións de secretario do comité.

1.3. O comité reunirase, polo menos, mensualmente e sempre que o convoque o seu presidente por libre iniciativa ou a petición fundada de tres ou máis dos seus compoñentes.

Na convocatoria fixarase a orde de asuntos por tratar na reunión e levantarase a acta correspondente.

1.4. As súas funcións, así como as obrigas da empresa e dos traballadores, terán en conta o que determina a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

1.5. O comité de seguridade e hixiene coñecerá a actividade dos servicios de medicina, hixiene e seguridade no traballo.

Artigo 50º.-Vixilancia do risco.

A dirección da empresa, asesorada tecnicamente polo departamento de seguridade e medicina, elaborará:

a) Un mapa de riscos do centro de traballo.

b) Un plan xeral de prevención.

c) Planificación de plans anuais de prevención.

d) Periodicamente elaborarase a memoria do plan xeral e dos programas anuais.

De todo isto daráselle conta ó comité de empresa e ó comité de seguridade e hixiene.

Artigo 51º.-Servicios de medicina, hixiene e seguridade no traballo.

O servicio médico da empresa desempeñará as seguintes funcións:

I) Hixiene do traballo.

a) Estudio e vixilancia das condicións ambientais para obter e conserva-los valores óptimos posibles de ventilación, iluminación, temperatura e humidade dos locais de traballo.

b) Estudio da fixación dos límites para unha prevención efectiva dos riscos de intoxicación e enfermidades ocasionadas polo traballo.

c) Análise e clasificación dos postos de traballo para a valoración dos requinmentos psicofisiolóxicos das tarefas e en relación cos riscos de accidentes e enfermidades.

d) Estudio e informe sobre novos locais de traballo

e procesos industriais para efectos de valoración das súas condicións hixiénicas e da prevención de riscos.

e) Promoción e conservación en boas condicións dos servicios hixiénicos xerais, vestiarios, lavabos, duchas, retretes, auga de beber, residuais e outros análogos.

II) Hixiene dos traballadores.

a) Recoñecementos médicos previos á admisión de novos traballadores.

b) Recoñecementos médicos anuais.

c) Recoñecementos ordenados polo comité de seguridade e hixiene nos casos que coide oportunos para verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador.

d) Vacinación dos traballadores cando fose indicado.

III) Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

a) Diagnóstico das enfermidades profesionais.

b) Investigación das causas de enfermidade ou accidentes de traballo.

c) Preparación dos traballadores seleccionados para as prácticas de auxilios e urxencia e colaboración directa na organización de equipos de salvamento.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 52º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores da empresa.

O comité de empresa, para o seu mellor funcionamento na defensa dos intereses dos traballadores, ós cales representa, poderase organizar nas comisións que considere pertinentes.

O comité de empresa disporá, durante a vixencia do presente convenio, dun local de uso exclusivo, dotado dos seguintes elementos: arquivo, máquina de escribir, teléfono con liña local, mesas, cadeiras e calefacción.

Artigo 53º

A petición motivada do comité ou da dirección da empresa, celebrarase unha reunión mensual; a súa orde do día será coñecida por ámbalas partes con unha semana de anticipación.

Artigo 54º.-Competencias do comité de empresa.

1. Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade sobre o seu programa de producción e evolución probables do emprego na empresa.

1.2. Anualmente coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións de cantos documentos se dean a coñecer ós socios.

1.3. Emitir informe con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións do

cadro de persoal e cesamentos totais e parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

1.4. Emitir informe en función da materia que se trate:

a) Sobre a implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias, estudios de tempos, establecemento de sistema de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

b) Sobre a fusión, absorción ou modificación do «status» xurídico da empresa cando isto supoña calquera incidencia que afecte ó volume de emprego.

1.5 Ser informados do modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice a empresa.

1.6. Coñece-las estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, así como os índices de sinistralidade.

1.7. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) No cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de seguridade social, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se for o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) Na calidade da docencia e da súa efectividade nos centros de formación e capacitación da empresa.

c) Da vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

1.8. Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.9. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

Artigo 55º. Capacidade e sixilo profesional.

1. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade como órgano colexiado para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán sixilo profesional en todo o referente ós números 1, 2, 3 e 4 do apartado 1 do art. 64 do Estatuto dos traballadores, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

Artigo 56º.-Selección de persoal.

O comité velará non só porque nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa pactada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexos e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 57º.-Outras cuestións sindicais.

Para o funcionamento do comité de empresa, así como regulación de asembleas, folgas, peche patronal e demais cuestións sindicais, rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 57º. Bis-Tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais.

En canto á tutela da liberdade sindical e represión das conductas antisindicais, rexerá o establecido nos artigos 12 e 13 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, e demais lexislación vixente.

Artigo 58º.--Garantías.

As garantías son as que regula a lexislación vixente e, ademais, as seguintes:

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado sindical poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación, sen prexuízo, por tanto, do establecido no Art. 54 do Estatuto dos traballadores. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecese a outras causas, deberase tramitar expediente contradictorio, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, se o houber. No suposto de despedimento de representantes legais dos traballadores, a opción corresponderalle sempre ós mesmos, sendo obrigada a readmisión se o traballador optase por esta.

b) Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

d) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo isto previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa vixente.

e) Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Os membros do comité de empresa pertencentes a unha mesma central sindical poderán acumular total ou parcialmente en un ou varios dos seus membros o crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina con carácter persoal ou individual.

O acordo de acumulación de horas seralle comunicado á empresa mediante escrito asinado por tódolos interesados.

f) Sen excede-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve-la asistencia destes a cursos de formación sindical organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades, congresos, etc., e outros actos convocados pola súa central sindical.

g) Por solicitude dos sindicatos, con autorización escrita dos traballadores interesados, a empresa descontará na nómina mensual destes o importe da cota sindical correspondente, que se ingresará na conta corrente que designe cada sindicato.

Artigo 59º.-Seccións sindicais e dereitos sindicais.

Rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 60º.-Lexislación vixente.

En todo o non previsto neste convenio rexerá o que dispón a legalidade vixente.

Artigo 61º.-Partes negociadoras.

O presente convenio foi negociado entre o comité de empresa e a súa dirección.

Capítulo X

Aprendices

Artigo 62º.-Aprendices.

Aplicarase todo o que determina o Real decreto 2317/1993, do 29 de decembro, modificándose soamente parte do artigo 11º, que quedará redactado como segue:

«A retribución do aprendiz será a fixada na citada disposición, sen que en ningún caso poida ser inferior ó 80, 90 e 100% do salario mínimo interprofesional durante, respectivamente, o primeiro, o segundo ou terceiro ano de vixencia do contrato. Non obstante o anterior, a retribución dos aprendices menores de 18 anos non poderá ser inferior ó 85 por 100 do salario mínimo interprofesional correspondente á súa idade».

As porcentaxes do salario mínimo interprofesional citados no parágrafo anterior enténdense referidos a un tempo de traballo efectivo, igual ó 85 por 100 da xornada máxima prevista no convenio colectivo. Cando as partes acorden un maior tempo de formación, o salario poderase reducir proporcionalmente.

ANEXO II

PLUS DE ASISTENCIA E PUNTUALIDADE (MES)

1. Asistencia:

Enténdese como a presencia real no traballo. Salvo as seguintes razóns, que se xustificarán documentalmente e polos días indicados:

-Licencias retribuídas segundo os artigos 24º e 26º.

-Accidente: ausencia por accidente de traballo.

-Ausencia por falecemento de tíos.

A parte dos descontos por tempo non traballado, descontarase do plus:

1.1. Por falta desde o comezo da xornada.

* Por 1 falta10%

* Por 2 faltas30%

* Por 3 faltas70%

* Por 4 faltas100%

1.2. Por saídas dentro da xornada.

* Por 1 saída10%

* Por 2 saídas30%

* Por 3 saídas70%

* Por 4 saídas100%

Dentro do marco da negociación do convenio colectivo de Rodman Polyships, S.A. para os anos 1995 e 1996, ámbalas partes negociadoras acordaron que as baixas continuadas inferiores a 7 días só se terán en conta para efectos de plus do mes en que comezou a dita baixa.

2. Puntualidade:

Enténdese como entrada real ó traballo de acordo coas quendas e horarios establecidos.

Haberá un horario de entrada da quenda e unha segunda e única opción, media hora máis tarde, con desconto do tempo indicado e considerada como falta de puntualidade.

A parte dos descontos por tempo non traballado descontarase por falta de puntualidade.

2.1. Puntualidade

* 1 falta: Se nos dous meses naturais anteriores non tivo ningunha: cero

* 2 faltas25%

* 3 faltas50%

* 4 faltas100%

Os descontos por A), B) e C) serán acumulativos dentro do mes e deducidos do plus de asistencia e puntualidade aboada no mes.

ANEXO III

ACORDO PUNTUAL ENTRE O COMITÉ DE EMPRESA E A DIRECCIÓN DA EMPRESA

Se por necesidade probadas de producción, derivadas das esixencias da carga de traballo, a empresa se vise na necesidade de modifica-lo horario de traballo durante a xornada diaria para atender a obra ou obras xurdidas de forma excepcional, poderá solicitar dos gremios correspondentes o número de traballadores necesarios, correspondendo estes á dita necesidade productiva.

A empresa respectará as alegacións, motivos e inconvenientes que os traballadors afectados puidesen expor de forma razoable, salvo cando isto non produza graves prexuízos á obra.

Os traballadores afectados nestes supostos non traballarán máis de 10 horas dentro da mesma xornada.

Esta modificación puntual no horario cesará no momento en que desaparezan as causas que motivaron a dita modificación no horario establecido con carácter xeral para todo o cadro de persoal (artigo 20º) do convenio colectivo.

A empresa comunicaralle ó traballador ou traballadores afectados, así como ó comité de empresa, coa suficiente anticipación, a necesidade de aplica-lo aquí regulado, motivos e previsión de prazo de obra.

As horas realizadas en exceso á xornada normal, como son as mencionadas anteriormente, terán a consideración de horas extras e o seu pagamento efectuarase, tal como establecen os artigos 21.º 22º do convenio colectivo.

Tódalas horas realizadas en sábados, domingos, festivos e pontes serán aboadas na súa totalidade como horas extraordinarias.