Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.252

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4028 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95 - Ourense, en solicitude de autorización para instalar desvío liñas eléctricas estrada C-630, P.K.-9000-29,000 nos concellos de Castroverde e Baleira, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas media tensión a 20 kV, orixe apoio existente L.M.T. Lamas-Romeán-Bascuas, apoio existente L.M.T. a C.T. particular 169; P-151 L.M.T. Cellán de Calvos de Paderne, final no apoio proxectado da L.M.T. ó C.T. nº 339, conductor LA-56. Redes de baixa tensión de 1570 m e conductores R.Z.-95-50-25, nos concellos de Castroverde e Baleira.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 7 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo