Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 08 de xuño de 1995 Páx. 4.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número, 3954 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar desvío instalacións eléctricas na estrada LU-634, tramo Pedrafita-Hospital nos concellos de Pedrafita e As Nogais, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liña media tensión a 20 kV, de 173 m de lonxitude, conductor LA-56. Liñas de baixa tensión de 239 m de lonxitude e conductores R.Z.-50 nos concellos de Pedrafita e As Nogais.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 7 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo