Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 07 de xuño de 1995 Páx. 4.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.; IN407A 95/28-2; libro rexistro, 4286 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Saénz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. ó C.T. de Vilar de Sarria.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: a liña de media tensión terá orixe na L.M.T., depuradora de Sarria, e acabará no proxectado C.T., de Vilar de Sarria, cunha lonxitude de 713 metros, con conductores de denominación LA-56 sobre apoios de formigón ou metálicos.

Orzamento: 4.206.100 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo