Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: rede de baixa tensión en Vilasouto.
Situación: Vilasouto-O Incio.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión con conductores de denominación R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, nos lugares de Vilasouto, Barreal, Outeiro e Calvos no concello do Incio.
Orzamento: 4.975.000 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 22 de marzo de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo